domingo, 9 de diciembre de 2018

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA


"Escarlatina é unha nena que morreu dunha enfermidade chamada escarlatina e está retida polo cacique do Inframundo como vinganza aos seus pais Precisa da axuda dun vivo, Román, para que a libere e se lle permita revivir. Para iso, Román e ela teñen que cociñar xuntos unha receita que guste aos vivos e aos mortos".


As primeiras palabras que se nos viñeron á cabeza cando as profes nos dixeron :
"ESCARLATINA; A COCIÑEIRA DEFUNTA"

   AMIGA. Nahir 
   MORTA. Laura 
   COCIÑAR. Lupe 
   BECHOS. Celia 
   DEFUNTOS. Xes
   RECEITAS. Iria 
   CARREIRA. Fabio 
   COMPAÑEIRA. Xoan 
   AGASALLO: Belen


O que máis nos gustou foi:
  • Todas as receitas teñen en común un ingredientes: O CHOCOLATE e son auténticas, pódense facer.
  • É un libro fácil de ler no que hai humor terrorífico.
  • O narrador é o protagonista.
  • A amizade é moi importante.
  • Na páxina 113, fai referencia a outro libro " Charlie y la fábrica de chocolate", que tamén ten que ver co chocolate.
  • "O avó conducía coma un fitipaldi", no libro aparecen moitas frases feitas.


Reflexionamos e cremos que como moi ben nos di ao final do libro: 

" O IMPORTANTE É PERSEGUIR OS NOSOS SOÑOS "

Ocurríuronsenos outros títulos para este libro:

"Unha viaxe moi inesperada". Nahir
"Un curso de cociña terrorífico".Celia
"Os mortos e os cociñeiros". Xes
"Un regalo diferente". Iria
"Un agasallo moi especial". Belen

Para a próxima lectura, cambiamos de xénero, poesía, temos dous títulos " Rosaura e o mar " de Isabel Blanco e Un buen rato con cada plato " de Rafael Ordóñez.

Ollo que nós tamén somos poetas e imos demostralo!!!!!

domingo, 18 de noviembre de 2018

A CANCIÓN DE AMINA



Celebramos a 1ª reunión do Club de lectura, como era a primeira estabamos un pouco nervios@s , e algúns esquecemos as anotacións na casa. Agora xa sabemos que é moi doado participar, comentar algo que queremos resaltar do libro, ou simplemente escoitar .

Comezamos cun pequeno resumo do libro.
" AMINA, unha nena, filla dun xeque dunha tribu bérber, non acepta que as mulleres da súa sociedade teñan unha vida tan limitada.
O seu soño é poder montar a cabalo, cousa que está prohibido para elas".

 Credes que AMINA actuou correctamente  desobedecendo aos seus pais e non respectando as costumes do seu pobo?
Pregunta que xerou  unha pequena discusión, porque uns opinabamos que  grazas a ela as mulleres da súa tribu poideron montar a cabalo , pero outros cremos que foi arriscado confiar en Tarik, do que pouco coñecía e él podía ser mala persoa e facerlle dano.

A nosa reflexión é que " SE CONFIAMOS  NAS NOSAS  POSIBILIDADES E LOITAMOS  POR CUMPRIR OS NOSO SOÑOS, FARÉMOLOS REALIDADE, O MESMO QUE AMINA".

Analizamos a portada do libro e descubrimos que os cabalos das grecas que fixo AMINA parecen voar felices porque son libres.

Características que atopamos nos personaxes principais:
AMINA: loitadora, valente, inconformista.
TARIK: áxil, atrevido, forte, respecta as mulleres.
IDI: terco, autoritario, machista.
FÁTIMA: temerosa, sumisa.
MUSTAFÁ: ameno, amable, maior.


AHHHH! Facede o correcto para non perder A BARAKA( fortuna).


Nahir, Xes e Celia fixeron unha imaxe para resaltar o momento máis emocionante da historia.

Imos a polo segundo libro"ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA"
de Ledicia Costas.

Que aspecto máis raro ten esta nena?  Defunta? Unha cociñeira defunta?...

ESTE LIBRO PROMETE!  Ademais esta escritora é galega!




sábado, 17 de noviembre de 2018

RELATOS DE MEDO PARA INFANTIL

O noso club de lectura representoulles os seus relatos de medo aos de Educación Infantil. Os pequenos e pequenas pasárono de medo, as súas caras reflexaban o ben que o pasaron.


miércoles, 14 de noviembre de 2018

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL E MUSEO

Hoxe tocou visita á Biblioteca Municipal e ao Museo. A pena foi que non todos os membros do club puideron ir. Disfrutaron moito e aprenderon moitas cousas.



viernes, 2 de noviembre de 2018

O BOSQUE ENCANTADO


Invitámosvos a ler outra historia escrita por un grupo do club de lectura.


O bosque encantado

Unha rapaza que ía coller froita e verdura ao bosque, viu ao  lonxe unha casa, situada no medio do bosque.
Naquela  casa vivían dúas mulleres vellas das que non se sabía que foran bruxas.

A  nena perdeuse recollendo froitos.
-          
             -Non pode ser, perdinme outra vez!

Escoitou uns ruídos que viñan daquela casa. Petou decidida na porta.

-                       -Ola rapaza, ven dentro que comes algo.
-                       Que rapaza máis fermosa!
-                      -Tes razón.

A nena e as bruxas quedaron un pouco falando. Cando remataron de falar, as bruxas durmírona e metérona nunha  pota.

-                     -Esta rapaza vaille dar un TOQUE especial á nosa pócima.
-                     -Rápido, rápido, bótalle os pós máxicos antes de que esperte.
-                    - Voullos botar agora. Traime unha culler!

A nena espertou.

-                     -Que fago aquí dentro!!!
-                     -Ímoste cociñar!!!!
-                     -Axuda, axuda, axuda!!!!! Non me volveredes  ver máis.

Pegou un brinco, saiu da pota  e marchou correndo.

-                    -Volve aquí, volve!!!


Autoras:
Narradoras: Andrea e Aroa
Nena: Iria
Bruxas: Nahir e Laura                                       

A MALDICIÓN DO PARQUE DAS CHUCHES


 Presentámosvos unha das historias escritas polos compoñentes do club de lectura.


 A MALDICIÓN DO PARQUE DAS CHUCHES

Ao lado dun parque había unha casa encantada e vella, nela vivía unha bruxa a que lle encantaban as CHUCHES.
Por iso cando ían nenos e nenas a xogar ao parque, a bruxa  roubáballes as chuches que tiñan.

Un día, un neno chamado Adrián e as súas amigas foron ao parque cargados de chuches porque tamén lles encantaban.

De súpeto a bruxa Marisa saíu da casa e intentou roubarllas, pero non foi capaz. Enfadada botoulles unha maldición, que consistía en que cando comeran chuches convertiríanse en SAPOS.

As nenas e o neno estaban moi anoxados e decidiron roubarlle o seu gatiño negro.

A bruxa moi triste decidiu quitarlles a maldición aos nenos para que lle devolveran o seu gatiño negro.

Desde aquel día aprendeu unha lección moi importante e así non volveu a roubarlle chuches a ningún nen@.


 Autoras:

 Natalia Domíngues Araujo( narradora)
Celia Mariño González ( Carlota)
Guadalupe Lorenzo  Carrera( Lucía)
Ana Blanco García( Bruxa Marisa)
Adrián Álvarez Francisco ( Adrián)

sábado, 27 de octubre de 2018

TALLER DO CLUB DE LECTURA

Este ano ,como novidade, combinamos o club de lectura cun  taller de lectura todos os luns no recreo,  no que :

  • Escribimos relatos para representar en Samaín.
  • Facemos os ensaios, e preparamos música para acompañar ás representacións.
  • Decoramos e distribuimos o espazo da aula con debuxos e escenas de contos.
  • Preparamos unha obra de teatro para representar nas diferentes visit " Ai mamasiña que medo "
  • Preparamos lecturas para lerlle a algún curso.
  • Facemos  crucigramas, xogos  de palabras...
  • Preparamos receitas  para compartir cos compañeir@s dos postres que elaboramos
As profesoras que nos acompañarán  son Encarna e Ángeles.

 PASÁMOLO MOI BEN!





lunes, 1 de octubre de 2018

XA ESTAMOS EN MARCHA


Como o nome da nosa biblioteca indica" A fraga dos soños",  no Club de lectura queremos traballar sobre todo o fomento da lectura activa, compartir  diversidade de opinións e espertar a imaxinación para facer as nosas creacións

A metodoloxía usada pretende ser divertida, moi participativa  e sempre traballando valores a través de:

             *A lectura de diversos libros, alternando a lingua castelá e a lingua galega, ademais de                           propoñer libros  narrativa e poesía.

                               La canción de Amina
                               Escarlatina, a cociñeira defunta
                               Rosaura e o mar
                               Prohibido leer a Lewis Carroll

          *Visionado dunha pelicula: " Alicia en el pais de las Maravillas"

           * Visita ao Centro da Terceira Idade de Ponteareas

           *Visita ao Instituto Val do Tea para compartir experiencias co club de lectura.

            *Saída en grupo A Moscadeira

            * Visita a biblioteca municipal.

            * Visita da escritora Isabel Blanco, residente en Ponteareas e autora do libro " Rosaura e o                      mar".

  Como a  lectura é doce e  os libros sempre nos deixan moi bo sabor de boca,  aproveitamos para misturar a lectura coa repostería e cociñamos biscoitos para seguir endulzando os momentos que compartimos.