“No reino de Bazar, na cidade de Dahira vive o sultán AKBAR.
O gran bazar é un mercado único, onde se
vende produtos máxicos. Cada ano otórgase un premio ao mellor mago do ano, ó
que venda máis productos. Ese ano teñen un problema, tan só falta un día e
aínda non está elexido o gañador. Será a princesa Lía e a seu amigo Ali quenes
teñen que investigar a todos os magos . O tempo corre e falta pouco…”
O luns, día 6 de maio
tivemos a 3ª reunión do club de lectura.
OS MAGOS DO GRAN BAZAR, un libro entretido e divertido que
nos soubo a pouco.
Despois de un breve, pero intenso resumen
que nos fixo Adriana, empezamos a comentar os aspectos máis destacados:
Soubemos que un Bazar é un mercado oriental.
A relación do libro coas matemáticas, onde aparecen
conceptos como a proporcionalidade e a regra de tres.
Vocabulario
interesante, con palabras que algúns non coñecían: escarlata, oprobio, mordaz,
autómata…
Gústounos eso de mezclar no tempo elementos modernos e
tecnolóxicos como o uso de robots, con outros máis tradicionais.
Gemma comentounos o que lle gustou especialmente. Ela dixo: unha
descrición que me parece preciosa
“ La mercancia estaba apilada sobre
mostradores de azulejos con hermosos dibujos, y anchas lámparas de bronce
iluminaban el establecimiento, arrancando mil reflejos irisados de los
diseños multicolores de las alfombras”.pax 27
Paula destaca sobre
todo a páxina na que fala de que non hai. que xulgar a xente polo seu aspecto, senon polas
obras e tamén que as persoas que sempre nos din cousas boas, non son de fiar.
Outra frase que nos chamou a atención foi que:
“ las
serpientes son como las personas, no hay dos iguales”.
Os nosos personaxes favoritos son:
Lia porque era valente, xenerosa e
humilde e por suposto lista e moi eficaz.
“ A perla de Asia”, un alcume que indica
o que ela significaba para os demais.
Ali por ser un bo
amigo.
A maga Farah porque era humilde e bondadosa.
A todos nos resulta
pedante e adulador Iraj .
Os 30 minutos do recreo non foron suficientes para comentar
todo o que nós queriamos, pero coma sempre, quédanos bo sabor de boca para a
próxima e última reunión, o 5 de xuño.