Contounos moitas cousas tamén sobre a súa obra como ilustrador e como escritor.Transformou a Lucía e a David en posibles personaxes de libro, e deunos algunha primicia do novo libro.
O ano pasado, despois da súa visita, estabamos desexando empezar a ler Os Megatoxos, e este ano contando os días para que saia o seguinte.
Asinounos libros e carteis que sorteamos entre o alumnado destes cursos.
Unha ano máis, queremos agradecerlle a Anxo a súa presenza e entrega.