domingo, 29 de noviembre de 2009

A PELÍCULA DE ANA FRANK




Mañán e pasado volveremos a xuntarnos para falar dos libros deste mes. Agora tócalle ao primeiro grupo falar sobre "El diario de Ana Frank", e ao segundo sobre "Aínda quedan piratas na Costa da Morte".
A semana que ven xuntarémonos para ver a película de Ana Frank, con palomitas incluídas!!!


lunes, 16 de noviembre de 2009

XUNTANZA CON PAULA CARBALLEIRA




O noso club de lectura Bibliobrey estivo lendo o libro de poesía “Contatrás”e hoxe tivemos a grandísima sorte de contarmos coa súa autora Paula Carballeira para
falarmos do seu libro, de poesía e doutras das súas obras que algúns do club tamén leran durante estos días. Compartimos o bizcoito de chocolate, e entre bocado e bocado fomos intercambiando comentarios, facéndolles preguntas…
Contounos a súa experiencia no Sáhara, de Smara e de cómo se inspirou nese pobo e nunca señora chamada Ugago que lle contou varios contos, un dos cales recolle no libro. Cando rematou, pedimoslle que nos lese un dos poemas do libro. E, como non, o escollido estaba relacionado con África. É incrible como nos emocionou!
Algúns tamén lle tiñan preparadas algunhas poesías feitas por eles.
Foron momentos inolvidables!!!


miércoles, 11 de noviembre de 2009

PREPARANDO A VISITA DE PAULA CARBALLEIRA


O luns visitaranos Paula Carballeira para falar con nós sobre o seu libro de poemas "Contatrás", que estivemos lendo, e sobre outros aspectos da súa vida e obra.
Non vos o esquezades, esperámosvos o LUNS NO RECREO.

jueves, 5 de noviembre de 2009

O DIARIO DE ANA FRANK NO CLUB DE LECTURA



Tocoulle o turno ao Diario de Ana Frank. Neste mes Ana acompañounos en moitos momentos das nosas vidas e agora todos estabamos desexando falar dela e dos seus compañeiros de cautiverio.

Durante a charla, como sempre distendida e interesante, alternamos os comentarios sobre diferentes aspectos do libro.


Comentamos sobre a época na que se desenvolven os feitos. Aitor falounos dos xudeus e Pedro sobre os Nazis. Tamén falamos sobre as personaxes que más nos gustaron, sobre algúns temas,como a educación naqueles tempos, a política e das relacións de Ana cos seus pais, coa irmá e con Peter.

Chamoulles a atención o concepto que ten Ana sobre a situación de desigualdade na que viviu a muller en moitos momentos, como comenta que grazas á "ensinanza, o traballo e o desenvolvemento" vai cambiando o seu papel na sociedade.

Yanira comentou que este libro lembroulle "O neno co pixama de raias" pola temática.

Carla quixo lernos unha frase que lle chamou especialmente a atención :

"El papel es más paciente que el hombre"

Esta frase fíxolle entender
esa relación tan especial que Ana tiña co seu diario.

Rematamos a xuntanza vendo fotos que nos trouxo Carla sobre as personaxes do libro ,e mirando un libro sobre Auschwitz de Pedro.








AINDA QUEDAN PIRATAS NA COSTA DA MORTE

Hoxe xuntámonos para falar co 1º grupo sobre este libro. Algúns convertímonos en piratas por un momento, pero a maior sorpresa foi cando se descubriu que Don Moucho, a nosa mascota, tamén nos estaba agardando vestido de pirata para a ocasión.
O ambiente xa estaba creado, empezamos a saborear o bizcoito de chocolate e entre bocado e bocado fomos intercambiando opinións sobre este libro. Compartindo en voz alta os nosos pensamentos sobre a historia, que se ía tecendo, e sobre as personaxes, foi pasando o tempo.
Falamos do cambio de Hector na súa estancia na Costa da Morte incluso "afeccionárase á lectura e lía toda clase de libros dos máis variados temas, deixándose levar pola curiosidade e polo impulso".
Carolina, a súa curmá tamén observara ese cambio, esa madurez, comparándoo con Xoán dicía que "a madurez non está na idade das persoas, senón na súa capacidade de adaptarse ao medio e aos demáis, e de aceptar a realidade sen complexos, tratando en todo caso de superarse ou superala"
A moitos deles a escea que máis lles gustou foi a do cemiterio xa que era como se estiveran alí con eles.Mar definiu o libro como un libro cheo de aventuras, misterio e amor.

lunes, 2 de noviembre de 2009

A COSTA DA MORTE

Aínda quedan piratas na Costa da Morte é a seguinte obra que estamos lendo.Esta historia sucede nun lugar da costa cun nome tráxico .


Algunhas lendas otorgan a mar a verdadeira razón do seu nome, a esa mar que loita rabiosa contra o litoral, engullendo sen piedade no seu fondo a barcos e homes.
Tamén había quen pensaba que Fisterre era o final do mundo coñecido, a fronteira coa mar , coa morte.

Sexa cal sexa a orixe do seu nome a Costa da Morte é un lugar máxico e cheo de beleza.
Invitámosvos a dar un paseo con estas imaxes.

domingo, 1 de noviembre de 2009

DIARIO DE ANA FRANK, TESTIMONIO DA CRUELDADE NAZI

Durante este mes estivemos lendo o Diario de Ana Frank.

No seu diario persoal, que comenzou a escribir apenas un tempo antes da invasión nazi, Ana Frank expresa os seus sentimientos e emocións durante a súa estancia, oculta da vista do exército nazi.

Ana Frank é sen dúbida a personaxe histórica que máis contribuiu a conservar o triste recordo do holocausto, que representa unha das maiores atrocidades da historia da humanidade. O seu testimonio serve para coñecer os horrores do nazismo.

Deixámosvos unha presentación de imaxes para que a coñezades un pouco mellor







Se queredes máis información sobre a súa casa clicade na imaxe