lunes, 14 de enero de 2013

LOS MAGOS DEL GRAN BAZAR






Ista vez o gran libro era “Los magos del gran Gran Bazar” de Ana Alonso
                                       
O sultán do Gran Bazar é moi afeccionado a maxia, ten a sorte de que o seu bazar ( mercado)  é único, xa que nel véndense productos máxicos. Cada ano concédese o Premio ao mellor mago. A un día da elección, non saben quen será o gañador. LÍA, a súa filla será a encargada de elexir entre todos eles  ó mellor mago: un mercader de alfombras máxicas, un vendedor de serpes máxicas, un vendedor de babuchas máxicas… de pasteis MÁXICOOOS!
O personaxe favorito foi para algúns de  nós a maga gañadora, FARAH, pola súa bondade e xenerosidade e para outros o vendedor de serpes máxicas.
Os personaxes que menos nos agradaron: foron o vendedor de alfombras, ZARIR, era tramposo e moi ambicioso e tamén o ministro do sultán, que era presumido e brusco.
Recollemos unha frase que nos gustou especialmente:

” No hay que juzgar a la gente por su aspecto, sino por sus obras”

O libro gustounos moito:
- Aprendemos vocabulario, palabras como escarlata, autómata, oprobio, prosaico etc .
- Descubrimos que na lectura por placer tamén se poden aprender conceptos matemáticos:
        OS PORCENTAXES E A PROPORCIONALIDADE.
Tivemos tempo de poñer en práctica os nosos coñecementos matemáticos e axudámoslle a ALI a calcular a agua que precisaría  cada día para dar de beber a 16 elefantes, se 10 elefantes  precisaban 1900 litros.

Para finalizar un xogo:
Con xesto  sen palabras debiamos representar a un dos magos do Gran Bazar, os demais adiviñar de quen se trataba.
Palmira, con xestos e señas imitounos ao vendedor de serpes. Tivo que darnos unha pista, pero acertamos.

Os compañeir@s deste Club recomendan algunhas lecturas:

Las crónicas de la torre.
Memorias dun neno labrego
Diario de Greg
Un coche de carreiras.

Con novas lecturas, despedímonos ata a próxima xuntanza que será o 6 de febreiro.