martes, 15 de diciembre de 2015

CHAMÁDEME SIMBAD NO CLUB DE LECTURA





O 1 de decembro tivemos a segunda xuntanza do Club de Lectura.
Empezamos, coma sempre, facendo un pequeno resumo. Despois comentamos o que máis nos gustou.Para Luis o mellor foi cando Paulo atopou ao seu avó. Para Uxía o peor foi a carta na que lle conta a Paulo, o seu neto, que os filibusteiros querían metelo nunha residencia e resultou que eran os seus pais; feito que lle deu moita pena.

Todos estivemos de acordo que o libro non só contaba unha simple historia, senón unha historia cunha intención; é un libro con mensaxe: "coida dos teus pais, como eles coidaron de ti cando era neno (como dixo Andrés con moito tino).

A profe Rita preguntounos as semellanzas ou diferencias que atopábamos co libro de Escarlatina. Unha cousa está clara, nos dous o personaxe é un avó pero con diferencias. O avó de Ramón é moi marchoso e o de Paulo ten alzheimer. Por outra banda, Escarlatina é un libro imaxinario, o de Simbad podería ser unha historia real.

Para Alba a historia de Simbad podería estar ambientada en Vigo xa que lle lembraba este lugar, a zona vella, o túnel que levaba ao bar de Bernardino, o irmán do avó.

A Uxía gustoulle cando Paulo lle dicía ao seu pai que tiña a orella vermella de falar tanto polo móbil.

Estre libro encantounos a todos por iso animámosvos a que o leades.