martes, 31 de enero de 2017

LA LECCIÓN DE AUGUST


Sara empezou a xuntanza comentando que é un libro difícil de resumir. Por unha banda é moi longo e por outra porque conta unha historia dende as diferentes perspectivas dos personaxes.

Salma comenta o problema de August. Ten unha deformación facial severa causada por un problema xenético, por iso a xente cando o ve fai comentarios ou mírano de xeito raro. Isto provoca en August moito malestar, xa que a él lle gustaría que a xente o tratase como se fose "un neno normal". Por causa desta deformación sofre acoso na súa escola.

Sara e Héctor comentan o xogo que Julián puxo de moda no colexio, "O xogo da peste" que consistía en que se alguén tocaba a August, aínda que fose sen querer, tiña que ir correndo a lavarse se non quería contaxiarse da peste.

A profe Ángeles pregunta por Jack e Carla di que, aínda que parecía amigo de August, fixo comentarios despectivos sobre él no Halloween, sen saber que o mesmo August estaba escoitando. Sen embargo, cando coñecemos a opinión de Jack sobre August, decatámonos de que non o fixera con intención e que non era tan malo como pensabamos.

August é un neno que , a medida que se vai coñecendo, cae moi ben porque é moi boa persoa, moi bo estudante e simpático, fai bromas sobre a súa apariencia física.

En canto aos valores que atopamos no libro, a amizade encarnada en Jack, Summer e Christopher, a valentía de August para enfrentar o problema e a de Summer que non se deixou influir.

En canto aos preceptos do Señor Brown,a Sara gustoulle o de August:

"Todo o mundo debería recibir unha ovación do público posto en pé, polo menos unha vez na súa vida, porque todos vencemos ao mundo"

A Cloe :

"Non intentes ser guai. Sempre se nota, e iso non é guai"

Para Aida o de Charlotte é o mellor:

"Non abonda con ser amigable. Tes que ser un amigo"

Para rematar falamos das referencias que ao longo do libro aparecen sobre cine e libros: Guerra y Paz, El diario de Greg, Sonrisas y lágrimas, La guera de las galaxias, E.T entre outros.

O seguinte libro, e derradeiro para nós é "Las brujas" de Roald Dahl. Xa vos contaremos que tal!!!

domingo, 29 de enero de 2017

XOELIKI. AS AVENTURAS DUN CIBERPIRATA


Empezamos a xuntanza lendo Aida un anaco da páxina 41 na que se fala dos libros e da lectura:

"A tecnoloxía é marabillosa , máis os libros de papel tamén, podes cheiralos, tocalos, apertalos(...)Ler é máxico: axuda a medrar, a viaxar..."

Álex fixo un pequeno resumo do libro e a continuación a profe Ángeles preguntou a que nos axudan os libros. Zaida comentou que para ela é coma se estiveses vendo unha película. Comentamos que ás veces fanse películas  pero que en moitas ocasións resultan mellores os libros.

Definimos aos personaxes cun adxectivo:
        *Ari para Carla é tímida,  para Zaida é unha pesada e para Evelin valente e intelixente.
        *De Xoel, Carla di que era introvertido e Janet que é tímido.

Sobre a Escola Pirata, Lucía comenta que loitaban por unha internet libre, sen límites e gratuíta. Carla comenta que debería haber límites para os nenos xa que hai páxinas ás que eles non deberían ter acceso. Álex opina o contrario. A maioría non temos acceso libre, estamos controlados polos nosos pais.

En canto as ilustracións do libro, Aida fala da cor, todas son brancas e moradas e Adrián pensa que non son nada orixinais ao empregar só dúas cores.

Case sen darnos conta tocou o timbre. Saímos da biblioteca co seguinte libro no peto: "La lección de August". Un libro qué promete!!!!