lunes, 8 de abril de 2013

XOELIKI NO 2º CLUB DE LECTURA




Que magoa! Había tantas cosas que dicir, que o tempo fíxosenos curto.
Por suposto, referímonos  a Xuntanza do Club de Lectura. O libro a comentar era XOELIKI  de Abraham Carreiro. Libro cunha temática totalmente diferente a NATA Y CHOCOLATE, pero non por iso menos interesante.
Xoeliki, un rapaz, orfo de pai, case sen querer entra no mundo da informática e mesmo atopa  a clave para vencer un serio virus que ameaza o futuro dos rapaces da súa escola no mundo da Internet.
O tema  resultounos moi  atractivo, a todos nos gusta Internet; o que nos levou a falar sobre o control e responsabilidade necesarios no seu uso. Incluso comentamos casos de enganos na rede.
Gemma comentounos que está moi de acordo coa frase:
“ Ler é máxico, axuda a medrar”.
 Ela comparaba ver a película con ler o libro , e dicía que "no libro ti eres parte do conto porque te tes que imaxinar cousas, na película xa cho dan feito”.
Pedro considera que traballar en equipo é fundamental, por iso resaltou a frase:
 “Traballar en equipo, multiplica ideas”.
A Laura Collazo  a frase que máis a impactou foi: 
”Non hai nada como aprender gozando cada día”.
 O que a levou a pensar  nas Matemáticas,  polas que sente fascinación. “A min gústanme as Matemáticas, para min son maxia,encántame investigar para resolver unha cousa  e que me saía outra”. Díxonos que resolvendo misterios o pasa divinamente.
Todos  opinamos o  mesmo, que preferimos aprender disfrutando e se pode ser en equipo, xa que  resulta máis doado.
Outro detalle que nos chamou a atención  foi a obsesión da nai e de Xoeliki por pulsar a tecra  SCOLL LOCK , sobre todo el, cando estaba en apuros pensaba no seu pai e pedíalle  axuda, quizais pensaba que onde quera que el estivera  coidaría del.
Poidemos coñecer palabras relacionadas con Internet que nunca antes escoitaramos.

E para rematar unha agradable noticia, xa temos data para recibir a Alicia Borrás Sanjurjo, estamos impacientes por coñecela, dado que para nós  Nata y Chocolate é un libro entrañable.

Como sabedes somos grandes lector@s e temos algunhas recomendacións para vós :
  • La invención de Hugo Cabret
  • Regreso a la tierra de dragones
  • Donde los árboles cantan