Durante un bo tempo estivemos hoxe intercambiando opinións e comentarios sobre este maravilloso libro.
Falamos das diferenzas entre as dúas tribus.
Na de "Fillos do vento"as mulleres tiñan que levar o rostro tapado e non lles deixaban montar a cabalo nin tecer animais ou homes nas alfombras, ademáis son sedentarios.
Na de"Fillos da tempestade":as mulleres poden montar a cabalo e non levan o rostro tapado, eles son moi hospitalarios e nómadas.
Foi unánime a necesidade de falar da situación de inferioridade da muller nestas culturas e da importancia de respetar o dereito á igualdade de oportunidades.
Os persoaxes favoritos resultaron ser Amina e Tarik, aínda que para Iván tamén está Mustafá.
Pedro Sánchez comentou que a conclusión deste libro é que cando nos interesa realmente algo debemos esforzarnos ao máximo para conseguirlo.
Impresionoulles sobre todo a valentía dos personaxes.
ANIMÁDEVOS A LELO!!!
jueves, 13 de noviembre de 2008
miércoles, 12 de noviembre de 2008
OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA NO NOSO CLUB DE LECTURA
Hoxe foi a primeira xuntanza do club deste ano para falar do primeiro libro,Os Megatoxos e a espada esmeralda.A biblioteca pechada só para nós.
Para acompañar a xuntanza, que mellor cun biscoito de chocolate caseiro e unhas galletiñas.Un bo xeito de comenzar mezclando literatura e gastronomía.
Que momentos tan intensos compartimos!Como se iluminaban os vosos ollos cando falábades das vosas partes favoritas!
Grazas por tanto entusiasmo!
Algúns comentarios dos que fixéchedes foron:
Para acompañar a xuntanza, que mellor cun biscoito de chocolate caseiro e unhas galletiñas.Un bo xeito de comenzar mezclando literatura e gastronomía.
Que momentos tan intensos compartimos!Como se iluminaban os vosos ollos cando falábades das vosas partes favoritas!
Grazas por tanto entusiasmo!
Algúns comentarios dos que fixéchedes foron:
- "As partes de misterio foron as que máis me gustaron "
- "Resultoume algo difícil a súa lectura por estar en galego"
- "Gustoume cando Faísca salva a Ninfa"
- "As rimas de Ninfa encantáronme"
- "Pareceume máxico cando Ninfa dunha landra fixo crecer a planta para buscar a luz e así dar coa saída"
- "A escena, coa que máis disfrutei, foi ca da biblioteca cando Ruxe tivo que convertirse en quenlla para salvar aos seus compañeiros levando o libro entre as augas para abrir a porta"
- "É un libro emocionante e misterioso"
jueves, 6 de noviembre de 2008
LA CANCIÓN DE AMINA
Amina é a filla dun poderoso xeque árabe. O que máis desexa é aprender a montar á cabalo, pero no seu pobo non está permitido para as mulleres . Pero un día, Amina coñece a Tarik, que lle ensina a montar e as cousas empezarán a cambiar.
Se queres fainos chegar os teus comentarios:
comentános que che pareceu este libro, que foi o que máis che gustou ,o que menos, cal foi o teu personaxe favorito, algunha frase a resaltar da obra ou cualquera outra cousa que che apeteza compartir con nós sobre esta lectura
Non vos esquenzades que o vindeiro mércores 12 , no recreo, xuntarémonos para falar sobre este libro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)