domingo, 27 de mayo de 2012
CORAZÓN DE TINTA CON PALOMITAS
Esta semana pasada xuntámonos para disfrutar unha tarde de cine con palomitas. Nesta ocasión cos dous clubs para ver "CORAZÓN DE TINTA", basada na obra de Cornelia Funke. Gustoulles tanto que xa a teñen anotada para lela este verán.
O RAIO VELOZ, ÚLTIMO LIBRO POR ESTE ANO
Este mes xuntámonos para falar do libro de Agustín Fernández Paz, "O RAIO VELOZ".Empezamos saboreando diferentes doces, que trouxeron, e o bizcoito de chocolate, recordando ao protagonista cando falaba das virtudes deste producto, "facer feliz á xente" e lembrando que o seu libro favorito era "Charlie e a fábica de chocolate".
Chamoulles a atención descubrir que o principal obxectivo de Adrián cando buscaba un traballo era conseguir a felicidade da xente.
Descubriron en Adrián, o protagonista, a unha persoa boa, amable, noble e de bo corazón, e a Rosa, a xefa, graciosa, activa e moi simpática. Aos dous gustáballes a poesía e compartían o gusto polo mesmo autor.
Cambiaba as mensaxes para facer feliz á xente. Gustoulles cando cambiou as notas dos alumnos, cando axudou á reconciliación dos namorados e para algúns máis cando cambiou o contido da cesta daquela muller.
Disfrutamos co libro, coas ilustracións, coas adiviñas e incluso cos xeroglíficos.Un libro cheo de maxia que vos recomendamos a todos e todas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)