Como o nome da nosa biblioteca indica" A
fraga dos soños", no Club de
lectura queremos traballar sobre todo o fomento da lectura activa, compartir diversidade de opinións
e espertar
a imaxinación para facer as nosas creacións
A metodoloxía usada pretende ser divertida, moi
participativa e sempre traballando
valores a través de:
*A lectura de diversos libros, alternando a lingua castelá e a lingua
galega, ademais de propoñer libros
narrativa e poesía.
La canción de Amina
Escarlatina, a cociñeira defunta
Rosaura e o mar
Prohibido leer a Lewis Carroll
*Visionado dunha pelicula:
" Alicia en el pais de las Maravillas"
* Visita ao Centro da
Terceira Idade de Ponteareas
*Visita ao Instituto Val do Tea para
compartir experiencias co club de lectura.
*Saída en grupo A Moscadeira
* Visita a biblioteca municipal.
* Visita da escritora Isabel
Blanco, residente en Ponteareas e autora do libro " Rosaura e o mar".
Como a
lectura é doce e os libros sempre
nos deixan moi bo sabor de boca,
aproveitamos para misturar a lectura coa repostería e cociñamos
biscoitos para seguir endulzando os momentos que compartimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario