martes, 8 de noviembre de 2016
PRIMEIRA XUNTANZA CO RAIO VELOZ
O pasado luns, 7 de novembro, tivemos a primeira xuntanza do Club de Lectura. No primeiro grupo somos 13 lectores, menos mal que non somos supersticiosos, que senón...
Para romper o xeo, a profe preguntounos que nos suxería a ilustración da portada e falamos sobre ela.
Resultou unha reunión moi agradable, na que participamos todos comentando as peripecias de Adrián, o protagonista. Qué rapaz máis atrevido!!!Eu non sei se sería quen de facer o mesmo!!!
Gustounos moito o intercambio que fixo coa cesta do Nadal e o cambio de notas na primeira entrega.
Pero o mellor foi a historia de amor do final con sorpresa e xerogífico incluído. Todos chegamos á mesma conclusión : o único que non se decatou de que era Rosa a namorada misteriosa era Adrián.
Definimos cunha soa palabra o libro, algúns comentaron que era bonito, a maioría interesante e Sara dixo que intrigante.
É un libro de amor e non de namorados.Todo o que fixo Adrián foi por amor: amor aos demáis, aos animais e, por suposto, a Rosa.
Fomos comentando o libro, tan amodiño que tocou o timbre e aínda nos quedaban cousas no tinteiro.
lunes, 10 de octubre de 2016
XA ESTAMOS PREPARADOS!!!
Hoxe entregamos o primeiro título. Temos de data ata o 7 de novembro. Disfrutade coa súa lectura.
Que nervios!!! Qué gañas de empezar a lelo!!!
martes, 4 de octubre de 2016
XA ESTAMOS EN MARCHA
Este vindeiro luns, día 9, teremos a xuntanza de presentación do club de lectura.
Repartiremos o primeiro título "O RAIO VELOZ". A seguinte xuntanza para falar do libro será o 31. Un libro cheo de humor e de misterio.
Non volo perdades!!!
lunes, 20 de junio de 2016
DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA CON CINE E PALOMITAS
Chegou o mes de xuño e con él a despedida dos membros do noso Club de Lectura. Qué mellor maneira que cunha boa película, palomitas e boa compañía.
Desexámosvos moita sorte para a nova etapa no instituto.
ATA SEMPRE!!!
domingo, 19 de junio de 2016
VISITA AO CENTRO DE DÍA
Un ano máis fomos de visita ao centro de día. Limos poemas de Manuel María e representamos o conto "As zapatillas do avó". Eles tamén tiñan preparadaos uns xogos relacionados con Manuel María. Avelina, Aurita, Águeda, Agripina, Antonia, Consolación, José, Avelino, Josefa, Generosa, Nieves, Pilar e Otilia foron o noso público. Para rematar Avelina quixo deleitarnos cunha serie de poemas que ela lembraba de cando era unha moza.
Unha xornada inolvidable !!
jueves, 11 de febrero de 2016
NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES
Toda a mesa preparada con larpeiradas para empezar a falar do libro.
Empezou ,coma sempre, Uxía, a máis faladora do grupo, facéndonos un resumo. A profe Rita preguntounos sobre a temática do libro. Marcos Fernándes, moi axeitadamente, dixo que era a violencia de xénero.Todos comentamos sobre a visita que recibimos fai uns días sobre uns rapaces que viñeron a darnos unha charla con motivo do día da violencia de xénero.
Quedounos claro a todos o importante que é estar atentos por se detectamos algún caso deste tipo. Nós sós non podemos facer nada, pero podémosllo contar aos nosos pais, ou a algún adulto para que eles interveñan. Temos que intentar a quen o sufra e intentar que se sinta protexido.
Os valores que destacamos do libro son a amizade, a valentía e a xustiza. Tamén falamos da compaixón.
Á profe Encarna gustoulle unha frase :
"Resolver as cousas pequenas axudan a solucionar as grandes"
Foi un libro que nos gustou moito a todos. Estamos desexando poder ler o primeiro, "Natalia y Chocolate",e desexando que se escriba a continuidade do mesmo, xa que como dicía Uxía:
"Quero que Alicia escriba o seguinte para saber o que lle vai regalar Sonia a Pierre e se Carlos, o pai de Sonia, e Clara , a nai de Pedro, terminen xuntos, como parella".
Xa acabou para o noso grupo o club de lectura.
Qué pena!
Esperamos poder anotarnos o curso que vén no instituto.
Etiquetas:
Nata y Chocolate invencibles,
Violencia de xénero
lunes, 25 de enero de 2016
EL AROMA DE LIQUIDÁMBAR
Sorprendeulles o nome de moitas plantas e árbores, a existencia do liquidámbar, a avoa...
Chamoulles a atención que a escritora fora de Vigo.
Para moitos un libro agradable de ler e que o recomendarían.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)