miércoles, 18 de febrero de 2009

CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE

Hoxe queremos animarvos a ler un dos libros favoritos de Adrián Novoa, o protagonista do libro deste mes, O Raio Veloz.

Charlie e a fábrica de chocolate é outra das grandes obras do escritor Roald Dahl,de quen xa falamos cando traballamos o outro dos seus libros, Matilda.

A Charlie o que máis lle gustaba no mundo era o chocolate. E precisamente na fábrica de chocolate do Sr. Wonka vai vivir a máis extraordinaria aventura que xamais puido soñar.

Deixámosvos este pequeno avance da película pero para que vos animedes a ler o libro, para despois poder disfrutar máis dela.


O RAIO VELOZ



Este mes estamos lendo este libro de Agustín Fernández Paz, como un xeito de homenaxealo pola súa intensa actividade literaria..


Foi o gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008, co seu libro O único que queda é o amor.


Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só pola cantidade de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas ( castelán, catalán, éuscara, portugués, asturiano, francés, árabe e coreano), e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY.

Neste libro fai o retrato dun mozo, algo raro para estes tempos, porque non quere unha casa grande, nin un coche potente, nin viaxar a luxosos hoteis.
Busca un traballo xeitoso no que poida axudar á xente.
Cando Adrián entrou a traballar na empresa de mensaxaría O Raio Veloz, non podía imaxinar o que o agardaba. Montado na súa moto de repartición, Adrián vivirá aventuras insólitas. E a maior chegará cando comece a recibir na súa casa unha serie de mensaxes misteriosas. ¿Quen llas envía e para que?
Unha historia de amor onde o protagonista, querendo cambiar o mundo, axuda a todo aquel que o necesita e ao final, sen buscalo, recibe todo o amor entregado.

lunes, 9 de febrero de 2009

MATILDA NO CLUB DE LECTURA

Éste é o último libro que se leu no club de lectura, ata o momento. Todos disfrutamos coa súa lectura e estabamos desexando xuntarnos para intercambiar opinións e comentarios.

Hoxe querémosvos aportar algunhas das opiniós dos alumnos e alumnas:

O libro é unha pasada. Gustaríame ser como Matilda e poder facer as cousas que ela facía. O que nunca me gustaría é ter uns pais como os dela. Prefiro que os meus pais me coiden e que me animen a facer as cousas”

“Non podo entender como ós pais de Matilda no lles importa a educación da súa filla e as diferenzas que fan entre ela e o irmán”

Este libro fíxome ver que na vida podémonos atopar obstáculos, pero que se un quere pode superalos, por duros que sexan”.


“A min non me gustaría ter uns pais como os de Matilda porque son uns seres aos que só lles importa o seu traballo e a beleza, sempre deixan a súa filla de lado.”

Nos libros atopa todo aquelo que a súa familia non lle pode dar, xa que tanto os seus pais como o seu irmán son uns auténticos ignorantes que non a comprenden e a ven como un bicho raro porque prefire ler e estudar a ver a tele.”

“Hai moitas nenas e nenos no mundo con capacidade suficiente para estudar e non poden porque os seus pais pensan o contrario e non os valoran nin apoian.

O que máis lles chamou a atención deste libro foron, sobre todo, os personxes:

Señorita Honey: boa, cariñosa, comprensiva e dulce.Comparárona coa fada madriña dos contos.O seu propio nome indica dulzura

A directora Trunchbull :cruel, mala e perversa.Recordoulles ás bruxas dos contos.Descubrimos que o seu nome traducido tamén ten relación con ela (toro)

Pai : timador,estafador, inculto, mala persoa.Comparárono cos ogros dos contos. É un gusano como indica o seu apelido

Nai: creída,despreocupada , inculta, adicta ao bingo. Comparárona coa madrastra de “Cincenta” ou a de “Brancaneves”

Matilda:intelixente, imaxinativa,amable,comprensiva, defensora dos débiles ante as inxustizas.Recordoulles a “Cincenta”

Hoxe xuntámonos pola tarde para ver a película e analizar as diferenzas co libro.


¡Con palomitas incluídas!


Descubimos que algúns eepisodios do libro desapareceron e outros cambiáronos de lugar.

Hai cambios en detalles como o libro que rompe o pai, no libro é “O poni vermello” e na película “Moby Dyck”. O episodio do sombreiro cando lle pon a super cola. Na película esto sucede no propio taller do pai pero no libro é na propia casa .


Disfrutamos coa película pero comentaron que prefiren ler primeiro o libro para imaxinarse eles aos personaxes, paisaxes...e logo comparalos.