domingo, 17 de febrero de 2008

XERARDO QUINTIÁ NO NOSO CLUB DE LECTURA


Esta semana tivemos outra xuntanza do noso CLUB DE LECTURA. Unha actividade coa que cada día disfrutamos máis e coa que todos aprendemos.

A última obra que limos foi “Ke-Tumba, Ke-Tamba” de Xerardo Quintiá.Estivo presente nesta sesión o propio escritor co que compartimos observacións e comentarios sobre o libro e os seus personaxes.

Logo dun debate moi interesante, traballamos na aula de informática un texto para incluir no blog,que tanto nos gusta.

miércoles, 13 de febrero de 2008

PALABRAS DE CARAMELO


Kori é un neno de oito anos que vive nun
asentamiento saharaui. É o terceiro de
cinco irmáns e sería un neno normal se
non fora porque é sordomudo. Por sorte,
pode asistir a unha escola especial,
onde acuden outros nenos con deficiencias
diferentes á súa. Grazas á súa insistencia,
á mestra, a única persoa da súa comunidade
que o comprende, ensínalle a
ler e a escribir. Dende entón, sempre
o acompaña un pequeno caderno e un
lápiz para recoller as impresións e pensamentos
que cre recoñecer nos labios
do seu amigo máis querido, un camelo ao
que chama Caramelo, pola cor da súa
pelaxe.

sábado, 9 de febrero de 2008

MAÍTO PANDURO


Maíto é un neno que vive nun poboado xitano. O seu pai, Panduro,
está no cárcere. Non sabe escribir; por iso comunicanse por medio de
debuxos onde expresan os seus medos, o desexo de volver á vida
nómada e rural que manteñen algúns membros do seu clan, os seus
pensamentos, as gañas de liberdade, a tristeza pola separación e a
soedade do cárcere. Susana, a profesora do colexio, é testigo da relación,
e da tristeza do neno pola situación na
que se atopa a súa familia. Un día, esa forma de comunicación cambia:
Panduro aprende a escribir. Esto decepciona a Maíto:as súas
conversas xa no son especiais, calquera pode entender ou
interpretar a súa correspondencia. Cando o pai sae do
cárcere, emprenden unha nova vida no campo.

viernes, 8 de febrero de 2008

EL LUGAR MÁS BONITO DEL MUNDO


Os alumnos e alumnas de 4º queren recomendaros a lectura ou relectura deste libro que leron eles, e moitos pais e nais, o pasado curso e que queren lembralo.

Fala de Juan, un neno de sete anos que é abandoado pola súa nai e vive coa súa avoa.Traballa como limpiabotas pero soña con aprender a ler, ir a escola e incluso a Universidade.


Pero deixámovos o último diálogo entre a avoa e o neto para que podades entendelo:


“La abuela miró lo que estaba escrito debajo de la fotografía, luego lo tocó con la mano.

-¿Qué dice aquí?- preguntó.Se lo leí;-El Lugar Más Bonito del Mundo.

La abuela pareció sorprenderse.Y yo empecé a pensar si de verdad San Pablo sería el lugar más bonito del mundo. No estaba seguro de si la abuela habría estado en algún otro lugar, pero aún así, pensé que ella sabría si lo era.

-Abuela, ¿lo es?- pregunté.

-¿Es qué?

-¿Es San Pablo el lugar más bonito del mundo?

La abuela me miró pensativa:

-El lugar más bonito del mundo puede ser cualquiera- me respondió.

-¿Cualquiera?- repetí.

-Cualquiera en el que puedas llevar la cabeza alta y en el que te puedas mostrar orgulloso de ti mismo.

-Sí- asentí.

Pero me quedé pensando que allí hay alguien a quien se quiere muchísimo y donde hay alguien que nos quiere de veras, ése sí que es el lugar más bonito del mundo”.

miércoles, 6 de febrero de 2008

LA HISTORIA DE IQBAL


Fátima é una nena paquistaní, que se atopa como tantos outros nenos, recluida na fábrica de alfombras de Hussain Khan. Ela, coma o resto dos nenos, traballa dede moi cedo ata moi tarde, sen case descanso nin comida e por tan so unha rupia por día de traballo. Un día, chega á fábrica un novo neno esclavo chamado Iqbal. Iqbal é rebelde e inconformista e, moi pronto, faise amigo dos demáis. Un día Iqbal escapase da fábrica, porque quere ser libre. Pero pouco despois é descuberto e devolto á súa "cárcere" particular. Iqbal non se rinde e logra escaparse de novo. Esta vez, o xoven da cunha sociedade dedicada a liberar aos nenos esclavos. Así, él e os seus amigos empezan, xunto ao "Frente para la liberación del trabajo infantil", a súa loita contra a esclavitude dos nenos.

Quere ser libre para poder ir á escola e convertirse en avogado
Se queredes ler un fragmento clicade no seguinte enlace: