domingo, 18 de noviembre de 2018

A CANCIÓN DE AMINA



Celebramos a 1ª reunión do Club de lectura, como era a primeira estabamos un pouco nervios@s , e algúns esquecemos as anotacións na casa. Agora xa sabemos que é moi doado participar, comentar algo que queremos resaltar do libro, ou simplemente escoitar .

Comezamos cun pequeno resumo do libro.
" AMINA, unha nena, filla dun xeque dunha tribu bérber, non acepta que as mulleres da súa sociedade teñan unha vida tan limitada.
O seu soño é poder montar a cabalo, cousa que está prohibido para elas".

 Credes que AMINA actuou correctamente  desobedecendo aos seus pais e non respectando as costumes do seu pobo?
Pregunta que xerou  unha pequena discusión, porque uns opinabamos que  grazas a ela as mulleres da súa tribu poideron montar a cabalo , pero outros cremos que foi arriscado confiar en Tarik, do que pouco coñecía e él podía ser mala persoa e facerlle dano.

A nosa reflexión é que " SE CONFIAMOS  NAS NOSAS  POSIBILIDADES E LOITAMOS  POR CUMPRIR OS NOSO SOÑOS, FARÉMOLOS REALIDADE, O MESMO QUE AMINA".

Analizamos a portada do libro e descubrimos que os cabalos das grecas que fixo AMINA parecen voar felices porque son libres.

Características que atopamos nos personaxes principais:
AMINA: loitadora, valente, inconformista.
TARIK: áxil, atrevido, forte, respecta as mulleres.
IDI: terco, autoritario, machista.
FÁTIMA: temerosa, sumisa.
MUSTAFÁ: ameno, amable, maior.


AHHHH! Facede o correcto para non perder A BARAKA( fortuna).


Nahir, Xes e Celia fixeron unha imaxe para resaltar o momento máis emocionante da historia.

Imos a polo segundo libro"ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA"
de Ledicia Costas.

Que aspecto máis raro ten esta nena?  Defunta? Unha cociñeira defunta?...

ESTE LIBRO PROMETE!  Ademais esta escritora é galega!




No hay comentarios: