Rematamos a
segunda das lecturas propostas.
“ Prohibido leer a Lewis Carroll” é un libro onde a combinación de valores e o
humor
resultan ser un cóctel atractivo e moi divertido, no que destacan personaxes como:
resultan ser un cóctel atractivo e moi divertido, no que destacan personaxes como:
Timothy, polo insaciable, gracioso , acróbata,
imaxinativo…
Alice, por imaxinativa, creativa, curiosa, intelixente…
Eugene, sinceira, amable, torpe, educada …
Decidimos
investigar sobre:
- “ AEPYORNIS"
Un ave
elefante extinguido que habitou en Madagascar, cuxo tamaño podía chegar a ser
de 3 m de altura e pesar cerca de 500 kg,
polo que ao igual que o avestruz, non podía voar. Os seus ovos podían ter un
diámetro de 1 metro!( Unhas 160 veces máis grande que o ovo de galiña).
- Madagascar:
A illa máis
grande de África e a cuarta máis grande do mundo. Separada do continente polo
Canal de Mozambique(no Océano Índico).
Peter
Davies e Alice Liddell:
Ambos
existiron de verdade e inspiraron aos personaxes de “Alicia en el país de las maravillas” e a “Peter Pan”.
Ademáis Juan comentou que lle chamou a atención o
anuncio, era moi raro e gracioso.
Para Daniel resultoulle moi gracioso o detalle
das magdalenas.
A Juan Manuel o personaxe de Timothy non lle agradou porque non lle gustan as bromas. O personaxe de Eugene gustoulle a Andrea porque se identificaba con ela, xa que ela tamén é patosa.
Como conclusión podemos dicir que non está ben
que nos prohíban, eso fai que nos entre curiosidade e queiramos facelo
con máis empeño; por iso é mellor
que se nos explique para que o poidamos
entender.