martes, 17 de diciembre de 2019

OS CLUBS DE LECTURA DE QUINTO


Nas derradeiras semanas os rapaces e rapazas de quinto realizamos varias reunións dos nosos novos clubs de lectura.

Hoxe decidimos compartir con vós algún momento desas xuntanzas.

Os primeiros libros escollidos son "KIBUKO", de Xavier Estévez, e "OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUÍDA" de Anxo Fariña.

Xa vos contaremos como nos vai. Por agora comenzamos con moita ilusión. Ata temos mascota!!!





lunes, 16 de diciembre de 2019

COMPARTINDO ACTIVIDADE NO IES VAL DO TEA CON ANÉMONA DO RÍO.


O venres, día 13 de decembro, na biblioteca do IES Val do Tea recibiron a visita da ilustradora pontareana, Anémona do Río, autora do primeiro cómic-manga galego titulado TAM; e nós, o club de lectura,  fomos convidados para  asistir.

Os  motivos da visita eran:


-Comentar o cómic e resolver todas as preguntas que tiñamos para ela.

-Inauguración na biblioteca dese centro, dun andel con libros sobre a igualdade.

Foi unha sesión moi entretida, comezamos cunha roda de preguntas, ás que Anémona respondeu con amabilidade.


Acaba de recibir outro premio, esta vez cun cómic con contidos científicos, titulado “A proba da auga”. Este cómic será publicado na próxima primavera pola editorial xerais.

É a historia dunha gotiña de agua que entra nun corpo humano e ten que realizar un longo percorrido. 

Estamos desexando lelo!


Revelounos o segredo para ser un bo/a debuxante: “practicar, practicar, practicar…”

Para finalizar mostrounos os pasos que foi seguindo para a creación do cómic TAM. A propósito, este manga tamén recibíu un premio antes de ser publicado.


Encantounos coñecer a Anémona do Río, algúns tentaremos seguir os seus pasos.


Grazas ao Club de Lectura (de 1º e 2º da ESO)do IES por compartir con nós esta experiencia.


OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUIDA. ANXO FARIÑA




A maxia nas lecturas, os superpoderes …descubrímolos no libro que comentamos esta semana: “Os megatoxos  e o aprendiz de druida”.



“Faísca, Ninfa, Ruxe e Lúa son os protagonistas, teñen que transportar unha especie de  toxo mutante dentro dunha urna. Rompen a urna e adquiren superpoderes.

O toxo transpórtase á época dos celtas a Galicia. Os catro viaxan nunha máquina do tempo  na busca do toxo. Na aldea onde  atopan o toxo, coñecen o Gael, o aprendiz de druída, que entre os ingredientes dunha apócema, mete un anaco do toxo mutante e crea un ser maligno, chamado Drunxel.

 Eles axudan ao pobo de Gael , a librase do monstro , pero non consiguen coller toxo, que de novo se transporta”.  

 Aprendemos:

O toxo na realidade é unha planta considerada una especie exótica invasora das máis dañinas.

Os celtas galegos tiñan bruxos ou druidas nos seus poblados e curaban con apocemas.



Os nosos comentarios:

Emma Alén descubre que no libro aparecen valores como o traballo en equipo e Silvia comenta que é interesante porque tod@s aportan algo e se complementan entre eles.

Paula: “ Gustaríame ter o superpoder  dos feitizos porque podería maldicir á xente mala”

Xian: ” Eu querería ter o pode do lume poque sempre de pequeno soñaba con ter poderes e cando vexo o lume quédome abraiado mirando para el”.

Andrea: “ Molaría ter lume, sobre todo cando vai frío”

Antía: “ Gústame o poder de facer crecer a natureza porque a min encántanme as plantas e as flores”

Alicia: “ Hai sitios sen vexetación , eu podería facer que crecese”.

Para Daniela o personaxe mellor da historia é Lúa porque ten a autoestima moi alta.

Juan di que lle chama a atención Lúa porque non quere facer nada e que sempre se está queixando.

O vindeiro libro...“Chámade Simbad”. A súa portada  chamounos a atención, porque coñecemos un protagonista doutro libro que se chama Simbad. Terán algo que ver os dous libros? Descubrirémolo pronto.