miércoles, 24 de junio de 2015

DESPEDIDA CUN ROTEIRO LITERARIO POLO RIO






Unha tarde inolvidable. Compartimos picnic con poesías dedicadas ao río, poesías incluso escritas por eles mesmos como foi o caso de Carla, Sara, Aroa e María que o "tatuaron" nas súas pernas. O mellor foi cando apareceu o novo membro do club, un cabalo que quixo compartir con nos  o picnic, as poesías e as nosas reflexións sobre o curso. 

O voso paso pola escola xa rematou  ,   desexámosvos que nesta nova etapa que comezades  sigades disfrutando da lectura. Non vos esquenzades que no instituto tamén tedes club de lectura. Este blog segue aberto para vós polo que nos gustaría seguir  recibindo as vosas visitas e por suposto os vosos comentarios.
Foi un pracer compartir con vós todos esos momentos de  lectura.

Moita sorte !




martes, 23 de junio de 2015

XOELIKI NO 2º CLUB DE LECTURA




 O libro a comentar nesta ocasión era XOELIKI  de Abraham Carreiro
Xoeliki, un rapaz, orfo de pai, case sen querer entra no mundo da informática e mesmo atopa  a clave para vencer un serio virus que ameaza o futuro dos rapaces da súa escola no mundo da Internet.
O tema  resultounos moi  atractivo, a todos nos gusta Internet; o que nos levou a falar sobre o control e responsabilidade necesarios no seu uso. Incluso comentamos casos de enganos na rede.
Aitana e Ana comentáronnos que están moi de acordo coa frase:

“ Ler é máxico, axuda a medrar, a viaxar...”.

Outras frases que tamén nos gustaron do libro foron:

 “Traballar en equipo, multiplica ideas”.

”Non hai nada como aprender gozando cada día”.

"...a tecnoloxía é maravillosa, máis os libros de papel tamén, podes cheiralos, tocalos, apertaalos..."

Todos  opinamos o  mesmo, que preferimos aprender disfrutando e se pode ser en equipo, xa que  resulta máis doado.

domingo, 14 de junio de 2015

VISITA AO CENTRO DE DÍA






Unha vez máis  fomos visitar o Centro de Día da Terceira Idade. Encántanos ir por iso preparamos todo con tanta ilusión.Nesta ocasión para celebrar con eles o día das Letras Galegas.

Foi unha xornada estupenda! Esperábannos con entusiasmo . Lara incluso trouxo un ramo de flores  da súa casa  para regalarlles.

Compartimos xuntos un anaquiño de tempo no que despois dunha breve presentación por parte de Aitana e Pablo, comezamos  as    actuacións
  recitando unha serie de  poemas  de Filgueira Valverde e Ana un que escribiu  sobre os avós.



Para rematar representamos o conto de Kalandraka de AVÓS.
Tamén cantamos e bailamos todos xuntos: “ A saia da Carolina”, canción que tod@s coñecían .

 Invitáronnos a una merendola para finalizar.

Foi unha experiencia inolvidable que volveremos  repetir,  sobre todo porque nos fixo sentir ben, como dicían os rapaces e rapazas cando saímos.



Moitas gracias a todos os que traballan alí ,que nos acolleron tan ben, e sobre todo  a Aurita, Josefa, Asunción, Nieves, Avelina... pola súa atención, aplausos, conversas e incluso polos silencios .

NORABOA RAPACES POR RECOÑECER A IMPORTANCIA DOS MAIORES 

E POR COMPARTIR PARTE DO VOSO TEMPO CON ELES!!!

miércoles, 10 de junio de 2015

SESIÓN DE CINE NA BIBLIOTECA




Unha vez  máis xuntámonos para disfrutar dunha tarde de cine con palomitas. Nesta ocasión puidemos  ver "MAGIA MÁS ALLÁ DE LAS PALABRAS", baseada na vida de J.K Rowling, escritora dunha das sagas máis famosas da literatura e do cine, HARRY POTTER. Fala das dificultades que pasou cando se divorciou, dos múltiples intentos fallidos para atopar traballo e como foi nacendo Harry Potter ata a súa publicación.

Unha tarde inolvidable!