sábado, 9 de marzo de 2013

DISFRUTANDO DE NATA Y CHOCOLATE CO 2º CLUB DE LECTURA




Por fin chegou o día!  Eran tantas as ganas de comentar cousas que o tempo non nos chegou a nada.

Falamos  dos valores que se fomentan con esta historia como a tolerancia, o amor pola literatura, a empatía, a solidariedade, a autoestima...

No libro, Sonia sufre abusos por parte dos seus compañeiros por ser albina, pero os casos deste tipo danse diariamente en moitas aulas . Por eso aproveitamos este momento para falar do tema. Comentamos que deben denunciar estos actos tanto si son víctimas como testigos de accións semellantes e que non se debe deixar que os abusóns dominen as aulas.Como moi ben dixo Carla, hai que axudar aos que sufren.
Adriana quixo facernos partícipes e reflexionar sobre un fragmento que dicía:
          "Hacer reír burlándose de otros es fácil...pero suele ser cruel. ¿Alguno de vosotros le ha preguntado a Sonia si le gusta que le llamen Nata?"(pg 40)
 Foi un bo momento para falar da empatía e comentar experiencias concretas.
 Foron moitas as frases que quixeron destacar:
    
"No hay que pensar en lo que no tiene solución"(pg 10)

"...la gente lectora es mucho más rica por dentro, te lo aseguro...Espero que
llegues a descubrir el placer de leer."(pg 19)
"...a veces es bueno que uno se de cuenta de lo que otro puede sentir para aprender a no hacerlo"(pg 90)
          "Una sonrisa es más bonita que una risa"(pg74)

Disfrutamos de cada momento da xuntanza pero faltábanos a profe Ángeles porque está de baixa. Esperamos verte pronto profe!

domingo, 3 de marzo de 2013

ÚLTIMA XUNTANZA DO PRIMEIRO CLUB DE LECTURA






Esta foi a última xuntanza deste grupo xa que a próxima empezará o outro club.
Aínda quedan piratas na Costa da Morte é a  obra que estivemos lendo durante estas semanas.Esta historia sucede nun lugar da nosa costa .
 Empezamos a saborear o bizcoito de chocolate e entre bocado e bocado fomos intercambiando opinións sobre este libro. Compartimos  as nosas opinións sobre a historia, que se ía tecendo, e sobre as personaxes.
Falamos do cambio de Hector na súa estancia na Costa da Morte incluso "afeccionárase á lectura e lía toda clase de libros dos máis variados temas, deixándose levar pola curiosidade e polo impulso".Al igual que a él gustáronlles as lendas e historias da zona e incluso algúns buscaron máis información sobre a zona e o porqué do seu nome.
María tamén buscou información sobre a escritora que compartiu con todos.
Grazas a este libro algúsns xa están desexando ler "A ILLA DO TESOURO",O libro no que  atopan as pistas  para descubrir o tesouro que deixou o avó.

Un libro cheo de misterios e aventura que vos recomendan a todos e todas.