jueves, 14 de marzo de 2019

SEGUIMOS FALANDO DE POESÍA


          


    “Rosaura e o mar”e “Un buen rato con cada plato” foron os dous libros escollidos para empezar con este novo grupo do club de lectura.

Na primera reunión do segundo grupo, no que ademáis dos nenos de sexto participan nen@s de quinto curso, comezamos por comentar que ambos libros nos gustaron a todos e que ademáis eran sinxelos para ler.

Houbo diversidade de opinión,  pero en xeral gustou máis o libro de Rosaura e o mar, o contrario do que ocurríu no grupo anterior. Entre as razóns polas que gustou máis destaca:

  • -          O tema, que ademáis de ser moi interesante resulta ser unha homenaxe que Isabel Blanco fai as mulleres mariñeiras, o que nos pareceu moi apropiado porque quedan poucas e consideramos que son valentes, decididas e fortes


Natalia comentou que Rosaura representa moi ben o esforzo das mulleres que traballan no mar.
Juan Manuel dixo que no seu país non hai mulleres que se gañen a vida coma Rosaura.
Daniel engadiu:  “Creo que a vida dos mariñeiros é difícil, tanto para mulleres coma para homes”.

  • -          Gustounos que Isabel compare as riquezas dos mares galegos con tesouros, estamos dacordo.

Aroa resaltou que lle gustou moito o poema “ No peirao redeira” e explicou a importancia de que as redes estean ben cosidas.
Natalia seleccionou “Se queres ser percebeira, no mar as de ser guerreira” o que reflexa moi ben a valentía de esas mulleres que arriscan a súa vida.

Estamos desexando sumerxirnos nas aventuras da protagonista, Alice, no seguinte libro “Prohibido leer a Lewis Carroll”.