viernes, 21 de febrero de 2020

A MAXIA NA ESCOLA






A proposta era que ambos clubes de lectura, o noso e o do IES Val do Tea, compartísemos a tarde do luns, con xantar incluído.

Nós como aprendices de magos, fixemos o noso  debut cos  nosos trucos.

Unha tarde de diversión e entusiasmo coa maxia do Profe Fernando, o  mago Chirleta. Deunos un taller no que nos aprendeu  facer outros trucos de maxia.

Os compañeiros do Instituto presentáronnos o libro” El Valle de los Lobos” de Laura Gallego. A historia dunha nena Dana; Kai, o seu amigo invisible e o Maestro, un home misterioso.

As horas que estivemos xuntos soubéronnos a pouco porque queríamos facer moitas cousas e aprender máis.

Grazas Mago Chirleta, por contaxiarnos o gusto pola   maxia!


miércoles, 12 de febrero de 2020

DESPEDIDA DO PRIMEIRO GRUPO DO CLUB DE LECTURA CON XOELIKI




Coa lectura do libro “Xoeliki” de Abraham Carreiro rematamos as lecturas o primeiro grupo.

Gustáronnos moito frases como estas:
  • “ A tecnoloxía é marabillosa, máis os libros de papel…”
  • “ Ler é máxico: axuda a medrar, a viaxar…”
  • “ Hai que aprender gozando”

Opinamos que:
  • É un libro moi interesante ao tratar das novas tecnoloxías, onde aparece      vocabulario específico, algunhas palabras non as coñeciamos.
  •  Danos a entender que as novas tecnoloxías son necesarias, pero que non deben substituír aos libros, o pracer de cheiralos, de pasar as follas… é inmenso, non se pode perder.
  •  Axudounos a entender que navegar por internet é moi útil, pero que hai que ser moi prudentes.
  •  Pensamos como Xoeliki e os da escola pirata, que internet debería ser libre e gratis para tod@s.

Tiñamos tantas cousas que dicir, que non nos deu tempo a dicilo todo.

Para rematar, como reflexión sobre estar nun grupo de lectura, coincidimos en que é unha actividade moi interesante e enriquecedora, aprendemos dos demais,       perdemos o medo a dar a nosa opinión en público, e sobre todo, DISFRUTAMOS LENDO.

Démoslle a benvida ao segundo grupo, comezamos co libro” Chamádeme Simbad”.