Impacientes e deseos@s de que chegara o día, xuntámonos para
comentar o primerio dos libros propostos para este ano, “ A señorita Bubble” de Ledicia Costas.
Foi unha experiencia moi gratificante comprobar que tod@s
lemos o libro con entusiasmo e ilusión. Ledicia
Costa, escritora galega,
escribíu este libro como homenaxe entre
outros persanaxes, a Mary Poppins. A historia transcurre nun pequeno
pobo, onde tod@s se coñecen.
Andres
Meixide, o ilustrador, Crea imáxenes
que semellan á anatomía humana e animal.
Falamos sobre os personaxes:
Noa, intelixente e lectora.
Sofi, faladora e disléxica.
Sta. Bubble, inventora e xenerosa.
Vicent, triste e cariñoso.
Paola e Úrsula, mafiosas e malvadas.
Os país de Noa e Sofi, demasiado ocupados e preocupados.
Úrsula e Paola recórdannos á profesora da
protagonista do libro de Matilda.
No libro recoñécense valores como a importancia de ser un mesmo, o
respecto ao diferente, a importancia da imaxinación e da fantasía. Unha
vez máis comprobamos que “as apariencias enganan”.
As nosas frases:
Alicia:
“Grazas a Noa e Sofi non queimaron a casa porque nela estaba Vicent”.
Antía: “A
Sta. Bubble podía ver o que pasaba có seu ollo”.
Emma A:”
Vicent estaba triste porque non o quixeran os seus país e o abandoaran”.
Enma B:” A
caniche dicía que tiña alerxía aos nen@s”.
Brais:
“Grazas á Sta. Bubble , Noa e Sofi aprenderon a non xulgar un libro pola
portada”.
Pablo:
“Asombroume todo o que podía facer a Sta. Bubble, as súas invencións”.
Daniela:
“Grazas a Noa e Sofi, Vicent foi un neno feliz”.
Unha vez máis viaxar coa imaxinación foi maravilloso!
O próximo libro será “ Os megatoxos”.