jueves, 24 de enero de 2019

LEMOS E FALAMOS SOBRE POESÍA



Nesta última xuntanza tocou falar de POESÍA: "ROSAURA E O MAR e UN BUEN RATO CON CADA PLATO.

Canda un de nós eleximos a poesía que nos pareceu máis fermosa.

Coincidimos en que  os dous libros son entretidos.

Nembargantes cando se trata de comida parace que se nos espertan máis os sentidos.
Gústannos as  adiviñas .

No libro de ROSAURA E O MAR , centrámonos un pouco máis nas ilustracións, ya que o 30 de xaneiro celébrase o día dos ilustrador@s  en Galicia, coincidindo co aniversario do nacemento de CASTELAO. 
Encántannos as ilustracións que fixo LUZ BELOSO para o libro de ROSAURA.
Fíxánomos que distingue día e noite, segundo que actividades realice Rosaura.
En homenaxe a tod@s  eles e porque nos parece fundamental e moi bonita a súa labor, decidimos ilustrar nós tamén unha das poesias do libro, collemos a " AS TREBOADAS" porque é unha das que máis nos gustou.     

Na próxima reunión comentaremos" PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROLL de DIEGO ARBOLECH". Estamos impacientes por comezar a ler!