sábado, 28 de marzo de 2009

MALEKÍN O EL SECRETO DEL ARMARIO



Agustín Celis escribiu a historia dunha nena-fada. Parte dunha lenda inglesa do século XIII, na que se conta cómo unha fada habitaba nun castelo e relacionábase cos seus habitantes.

A mansión do seu avó é un lugar fantástico, pero Cristina nunca habería imaxinado o que lle ocurriría nese verán. ¿Por qué se comportan todos dese modo? ¿Cál é o paradeiro de Malekín, a nena perdida no bosque? Para averigualo, terá que descubrir qué se oculta tras unha misteriosa porta... Un relato máxico e imaxinativo, onde a fantasía se mezcla coa realidade a través dun armario.

BALA PERDIDA



Mauel Rivas sitúanos esta historia nunha pequena cidade chamada Atlán, na Costa da Morte. O heroe, Bala Perdida, un pirata con pata de pao, posúe unha estricta conciencia que lle obriga a devolver un tesouro tinguido de sangue: o ouro que os nazis roubaron ós xudeus. Bala Perdida contacta coa redactora dun xornal de Atlán, o Celtic News, Rosa Ribeiro O´Flaherty, para que o axude. Tras moitas aventuras, o tesouro volve a mans dos seus verdadeiros donos e ademais descóbrese que o pirata agocha un bo corazón e moitos lazos que o unen a Rosa.

Un precioso e poético relato dun pirata con escrúpulos e unha xove periodista sin pelos na línngua, que nos transportará á maxia e ao misterio.



domingo, 15 de marzo de 2009

O RAIO VELOZ NO CLUB DE LECTURA



A semana pasada xuntámonos para falar sobre este libro. Foron moitos e moi diversos os temas e comentarios que foron xurdindo.

Empezamos saboreando o bizcoito de chocolate, recordando ao protagonista cando falaba das virtudes deste producto, "facer feliz á xente". Non é de estrañar que o seu libro favorito sexa "Charlie e a fábica de chocolate".

Chamoulles a atención descubrir que o principal obxectivo de Adrián cando buscaba un traballo era conseguir a felicidade da xente.

Definirono como unha persoa boa, amable, noble e de bo corazón, e a Rosa como graciosa, activa e moi simpática. Atoparon algunhas semellanzas entre os protagonistas, aos dous gustáballes a poesía e compartían o gusto polo mesmo autor.

Disfrutaron cando cambiaba as mensaxes para facer feliz á xente. Para uns o mellor foi cando cambiou as notas dos alumnos, para outros, como Soraya, cando axudou á reconciliación dos namorados e para Mélany e algúns máis cando cambiou o contido da cesta daquela muller.

O libro está cheo da maxia. Entre eles incluso comentaron momentos reais nos que eles tamén puideron axudar a algunha persoa.

Todos disfrutamos co libro, coas ilustracións, coas adiviñas e incluso cos xeroglíficos.