“Hoxe tivemos a última reunión o segundo grupo do Club de
Lectura, o libro a comentar era “La canción de Amina”, a historia dunha nena
dunha tribu que habita nos desertos de Marrocos, onde as costumes son machistas, e as mulleres non teñen liberdade.
Unha das normas prohibía as mulleres montar a cabalo,Amina
rebélase e empeza por texer unha alfombra, non con formas xeómétricas, senon con
cabalos. Nese momento empeza a sentirse libre…”
NÓS OPINAMOS:
-. Chegamos á conclusión de que hai queloitar para vercumpridos
os nosossoños.
-. Algúns de nóssentímonosdecepcionad@s e enfadad@spolainxustiza
que sufrían as mulleres da tribu.
-. Descubrimos que o autor tamén é o ilustrador.
-. Coñecemoscostumes da vida das mulleres e do deserto.
-. No libro menciónanse ciudades de Marrocos como Casablanca,
Tanger, Rabat…
-. Comentamos que o título do libro vénpola canción que
compuxoMustafa, o cantor e contador de contos, para dar a coñecer a historia de
Amina.
Ao ser a última reunión aproveitamos para comentar sobre o
plantexamento do club de lectura e sobre as preferencias dos libros, poesía
é sen dúbida o que menos lemos, de aí que nos custe un pouco máis a todos lela.
As profes queremos felicitarvos polo voso interese e
participación, por as vosas aportacións e críticas, das que tod@s aprendemos.
Dámosvos as grazas porque sen vós non sería posible esta
bonita actividade.
Anímávosvos a que sigades neste aventura de ler, sexa no
instituto ou na vosa casa, que continuedes lendo por pracer e disfrute.