Unha vez máis  fomos visitar o Centro de Día da Terceira Idade. Encántanos ir por iso preparamos todo con tanta ilusión.Nesta ocasión para celebrar con eles o día das Letras Galegas.
Foi unha xornada estupenda! Esperábannos con entusiasmo . Lara incluso trouxo un ramo de flores  da súa casa  para regalarlles.
Compartimos xuntos un anaquiño de tempo no que despois dunha breve presentación por parte de Aitana e Pablo, comezamos as actuacións
  recitando unha serie de  poemas  de Filgueira Valverde e Ana un que escribiu  sobre os avós.Para rematar representamos o conto de Kalandraka de AVÓS.
Tamén cantamos e bailamos todos xuntos: “ A saia da Carolina”, canción que tod@s coñecían .
 Invitáronnos a una merendola para finalizar.
Foi unha experiencia inolvidable que volveremos  repetir,  sobre todo porque nos fixo sentir ben, como dicían os rapaces e rapazas cando saímos.
NORABOA RAPACES POR RECOÑECER A IMPORTANCIA DOS MAIORES
E POR COMPARTIR PARTE DO VOSO TEMPO CON ELES!!!





No hay comentarios:
Publicar un comentario