Unha tarde inolvidable. Compartimos picnic con poesías dedicadas ao río, poesías incluso escritas por eles mesmos como foi o caso de Carla, Sara, Aroa e María que o "tatuaron" nas súas pernas. O mellor foi cando apareceu o novo membro do club, un cabalo que quixo compartir con nos o picnic, as poesías e as nosas reflexións sobre o curso.
O voso paso pola escola xa rematou , desexámosvos que nesta nova etapa que comezades sigades disfrutando da lectura. Non vos esquenzades que no instituto tamén tedes club de lectura. Este blog segue aberto para vós polo que nos gustaría seguir recibindo as vosas visitas e por suposto os vosos comentarios.
Foi un pracer compartir con vós todos esos momentos de lectura.
Moita sorte !
No hay comentarios:
Publicar un comentario