lunes, 5 de noviembre de 2007

OS MEGATOXOS NO CLUB DE LECTURA




Este ano iniciamos unha nova andaina dende a biblioteca, a creación do Club de Lectura.Queremos escoitar as vosas opinións e reflexións sobre os libros lidos.


Xa levamos varios libros dos que vos dimos referencias


O LIBRO DO MES DE NOVEMBRO


OS MEGATOXOS, de Anxo Fariña


Cando Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezan este curso, apenas se coñecen. Mais un incidente fará que as súas vidas cambien. Decataranse de que teñen máis cousas en común que asistiren á mesma escola.Estraños poderes, aventuras e misteriosos encontros. Todo iso mesturado nunha viaxe polo tempo, na procura de respostas, na terra dos seus antergos... os celtas

O 3 de decembro tivemos unha sesión aberta do Club de Lectura para charlar e compartir comentarios sobre este libro, ¡co propio autor!.


No hay comentarios: