miércoles, 21 de noviembre de 2007

ANXO FARIÑA NO NOSO CLUB DE LECTURA



Hoxe visitou a nosa biblioteca Anxo Fariña. Estivo co alumnado de 5º e 6º intercambiando opinións e ideas sobre o seu libro
Os Megatoxos. Xa que con este libro foi co que comezamos o Club de Lectura deste ano, e que mellor maneira que pechar o mes coa presenza do propio autor.
Contounos moitas cousas tamén sobre a súa obra como ilustrador e como escritor.Transformou a Lucía e a David en posibles personaxes de libro, e deunos algunha primicia do novo libro.
O ano pasado, despois da súa visita, estabamos desexando empezar a ler Os Megatoxos, e este ano contando os días para que saia o seguinte.
Asinounos libros e carteis que sorteamos entre o alumnado destes cursos.

Unha ano máis, queremos agradecerlle a Anxo a súa presenza e entrega.

¡GRAZAS ANXO!

No hay comentarios: