O segundo Club de Lectura deste ano estrenouse co libro O AROMA DO LIQUIDÁMBAR. Para eles foi unha sorte coñecer á escritora aos poucos días desta xuntanza. Intercambiamos doces e opinións, inquedanzas e sentimentos que nos provocaron a lectura do libro.
lunes, 21 de abril de 2014
O AROMA DO LIQUIDÁMBAR NO 2º CLUB DE LECTURA
O segundo Club de Lectura deste ano estrenouse co libro O AROMA DO LIQUIDÁMBAR. Para eles foi unha sorte coñecer á escritora aos poucos días desta xuntanza. Intercambiamos doces e opinións, inquedanzas e sentimentos que nos provocaron a lectura do libro.
sábado, 22 de marzo de 2014
VISITA DE AN ALFAYA
Esta semana pasada o alumnado de 6º tivo unha visita moi especial: a autora viguesa An Alfaya.
Os nen@s tiveron a oportunidade de achegarse un pouco á súa vida e obra, en especial ao libro que leron primeiro os membros do Club de Lectura: O AROMA DO LIQUIDÁMBAR.
Despois de contestar ás moitas preguntas que lle fixeron, firmounos libros e deixounos un fermoso agasallo, no libro de visitas da biblioteca, en forma de palabras.
GRAZAS AN POR COMPARTIR ESE MOMENTO CONNOSCO!!!
domingo, 23 de febrero de 2014
VISITA AO CENTRO DE DÍA
Un ano máis fomos visitar o Centro de Día da Terceira Idade. Encántanos ir por iso preparamos todo con tanta ilusión.
Foi unha xornada
estupenda! Esperábannos con entusiasmo . Daniela incluso trouxo una camelia da
súa casa e regaloulla a Asunción, quen non se separou dela en todo o tempo que
estivemos alí.
Compartimos xuntos un anaquiño de tempo no que despois dunha breve presentación por parte de Ana e Daniela, comezamos as nosas actuacións.
Jorge,
Laura, Ángela, Lorena e Sara recitaron poemas
adicados a todos os avós e avoas.
Estela e Aida compuxeron e leron o seus propios poemas, adicándolles estos como agasallos.
Bruno e César tocaron coa flauta “ A saia da Carolina”, canción que tod@s coñecían e que cantamos xuntos.
Estela e Aida compuxeron e leron o seus propios poemas, adicándolles estos como agasallos.
Bruno e César tocaron coa flauta “ A saia da Carolina”, canción que tod@s coñecían e que cantamos xuntos.
Aproveitamos esta visita
para Celebrar o DÍA DA PAZ por iso
Marcos leu un poema de Gloria Fuertes, moi axeitado para a ocasión.
Entre todos fixemos unha sopa de letras xigante
sobre a PAZ e cantamos a canción de Roberto Carlos “ Yo quiero tener un millón
de amigos”. Para finalizar invitáronnos a una merndola.
Foi unha experiencia inolvidable
que volveremos repetir, sobre todo
porque nos fixo sentir ben, como dicían os rapaces e rapazas cando saímos.
Moitas gracias a todos
os que traballan alí ,que nos acolleron tan ben, e sobre todo a Aurita, Josefa, Asunción, Victoria, Nieves,
Avelina... pola súa atención, aplausos, conversas e incluso polos silencios dos
que non falaban pero que coas súas miradas nos dicían tanto.
NORABOA RAPACES POR RECOÑECER A IMPORTANCIA DOS MAIORES
NORABOA RAPACES POR RECOÑECER A IMPORTANCIA DOS MAIORES
E POR COMPARTIR PARTE DO VOSO TEMPO CON ELES!!!
viernes, 7 de febrero de 2014
O AROMA DO LIQUIDÁMBAR
Empezamos a xuntanza cos arrecendos de herbas perfumadas herba luisa, loureiro, lavanda... e a presenza dunha pola e follas do liquidámbar.
Deseguido se percataron do porqué deste comenzo, lembroulles os recendos das herbas perfumadas de Adelaida e a árbore da que tanto falan no libro e o que se lle debe o seu título.
Falamos de Miro e da súa historia. Él non sabía que Susana estaba no cárcere, e Daniel devecía de pena porque Adelaida marchara a Guatemala para coidar da súa avoa enferma. Os dous estrañaban as súas nais e uníronse na espera, compartindo segredos, animados pola harmónica de Humberto e a guitarra de Fermín, fartos do mal xenio de Manuela ou mortos de risa cos inventos de Vicente. Unha rosa fresca no cuarto de Susana mantiña viva a súa presenza no corazón de Miro; os recendos das herbas perfumadas de Adelaida, e sobre todo o aroma do liquidámbar, recordábanlle a Daniel o espírito feiticeiro da súa nai, e mais o de Violeta, a súa centenaria avoa.
An Alfaya recurre ás palabras para adentrarse na sensación de ausencia. Este libro esconde nas sus páxinas unha historia que nos enganchou a todos dende a primeira líña. Fai reflexionar sobre temas como son o acoso escolar, a inmigración, a interculturalidade, a amizade...
Un libro que vos recomendamos a todos e todas.
domingo, 12 de enero de 2014
BALA PERDIDA NO NOSO CLUB
Nesta xuntanza falamos sobre Bala Perdida, Rai, Rosa e algúns dos outros personaxes.
Comentamos sobre os xudeus e os campos de exterminio, Laura incluso nos comentou o que ela investigou sobre este tema.
Laura Blanco nos trouxo información sobre San Andrés de Teixido xa que no libro fálase deste sitio da Costa da Morte.
Resultáronlle moi simpáticas algunhas das comparacións que utiliza o escritor:
"Cando as baleas se acatarran, tusen coma os vellos do asilo"
"Tiradentes agarraba o timón como un volante de Fórmula 1"...
Leron tamén as frases que máis lle gustaron e comentámolas:
"Non hai nada pai... coma o doce colo da nai"( Px 23)
"O home é un ser feble ... coma a liberdade" (Px 119)
"A frecha do tempo vai facendo un camino. Se a forzamos ao noso capricho, crávase no peito."
(Px 111)
Aínda que para a maioría é un libro que tarda un pouco en engancharte pero unha vez que empezas non eres capaz de parar, e seguro que lles vai deixar bos recordos.
viernes, 22 de noviembre de 2013
VERO Y EL FANTASMA DE CANTERVILLE
Un bo libro para disfrutar durante estas semanas no que puidemos acompañar a Verónica nesta viaxe e descubrir que algo estrano ocurre neste castelo de Canterville. Tiña que atopar o segredo que nel esconde este fantasma. Ela non lle ten medo á oscuridade do lugar. Verónica consigue develar o misterio do fantasma, e nós con ela.
Falamos das partes do libro que máis nos gustaron, sobre os personaxes... e tamén sobre a linguaxe utilizada,fixámonos tamén na cantidade de frases feitas que aparecen:
"Aquí paz y después gloria"(Pg 33)
"Sirve tanto para un roto como para un descosido" (Pg 33)
"... a lo hecho, pecho" (Pg 37)
"... como Pedro por su casa"
Seguro que despois de ler este libro xa todos estades desexando ler o libro de Oscar Wilde "O fantasma de Canterville". Podedes atopalo na Biblioteca municipal, e esperamos telo pronto na nosa biblioteca.
Se clicades enriba desta portada disfrutaredes dun pequeno adianto.
viernes, 11 de octubre de 2013
XA ESTÁ EN MARCHA O NOSO PRIMEIRO CLUB DE LECTURA
Xa estamos en marcha un ano máis. Tivéronse que formar dous grupos debido á cantidade de solicitudes. Todos con moitas gañas de empezar a compartir as lecturas e a paixón por elas.
O primeiro libro co que empezaremos será:
"VERO Y EL FANTASMA DE CANTERVILLE"
Qué terrible secreto atormenta ao fantasma? Para descubrirlo, Verónik@ adéntrase nos rincóns máis recónditos do castelo. Os novos e extraños inquilinos americanos virán a complicalo todo.
Un bo título para este mes de SAMAÍN, mes cheo de meigas, trasnos, pantasmas...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










