miércoles, 18 de febrero de 2009

CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE

Hoxe queremos animarvos a ler un dos libros favoritos de Adrián Novoa, o protagonista do libro deste mes, O Raio Veloz.

Charlie e a fábrica de chocolate é outra das grandes obras do escritor Roald Dahl,de quen xa falamos cando traballamos o outro dos seus libros, Matilda.

A Charlie o que máis lle gustaba no mundo era o chocolate. E precisamente na fábrica de chocolate do Sr. Wonka vai vivir a máis extraordinaria aventura que xamais puido soñar.

Deixámosvos este pequeno avance da película pero para que vos animedes a ler o libro, para despois poder disfrutar máis dela.


O RAIO VELOZ



Este mes estamos lendo este libro de Agustín Fernández Paz, como un xeito de homenaxealo pola súa intensa actividade literaria..


Foi o gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008, co seu libro O único que queda é o amor.


Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só pola cantidade de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas ( castelán, catalán, éuscara, portugués, asturiano, francés, árabe e coreano), e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY.

Neste libro fai o retrato dun mozo, algo raro para estes tempos, porque non quere unha casa grande, nin un coche potente, nin viaxar a luxosos hoteis.
Busca un traballo xeitoso no que poida axudar á xente.
Cando Adrián entrou a traballar na empresa de mensaxaría O Raio Veloz, non podía imaxinar o que o agardaba. Montado na súa moto de repartición, Adrián vivirá aventuras insólitas. E a maior chegará cando comece a recibir na súa casa unha serie de mensaxes misteriosas. ¿Quen llas envía e para que?
Unha historia de amor onde o protagonista, querendo cambiar o mundo, axuda a todo aquel que o necesita e ao final, sen buscalo, recibe todo o amor entregado.

lunes, 9 de febrero de 2009

MATILDA NO CLUB DE LECTURA

Éste é o último libro que se leu no club de lectura, ata o momento. Todos disfrutamos coa súa lectura e estabamos desexando xuntarnos para intercambiar opinións e comentarios.

Hoxe querémosvos aportar algunhas das opiniós dos alumnos e alumnas:

O libro é unha pasada. Gustaríame ser como Matilda e poder facer as cousas que ela facía. O que nunca me gustaría é ter uns pais como os dela. Prefiro que os meus pais me coiden e que me animen a facer as cousas”

“Non podo entender como ós pais de Matilda no lles importa a educación da súa filla e as diferenzas que fan entre ela e o irmán”

Este libro fíxome ver que na vida podémonos atopar obstáculos, pero que se un quere pode superalos, por duros que sexan”.


“A min non me gustaría ter uns pais como os de Matilda porque son uns seres aos que só lles importa o seu traballo e a beleza, sempre deixan a súa filla de lado.”

Nos libros atopa todo aquelo que a súa familia non lle pode dar, xa que tanto os seus pais como o seu irmán son uns auténticos ignorantes que non a comprenden e a ven como un bicho raro porque prefire ler e estudar a ver a tele.”

“Hai moitas nenas e nenos no mundo con capacidade suficiente para estudar e non poden porque os seus pais pensan o contrario e non os valoran nin apoian.

O que máis lles chamou a atención deste libro foron, sobre todo, os personxes:

Señorita Honey: boa, cariñosa, comprensiva e dulce.Comparárona coa fada madriña dos contos.O seu propio nome indica dulzura

A directora Trunchbull :cruel, mala e perversa.Recordoulles ás bruxas dos contos.Descubrimos que o seu nome traducido tamén ten relación con ela (toro)

Pai : timador,estafador, inculto, mala persoa.Comparárono cos ogros dos contos. É un gusano como indica o seu apelido

Nai: creída,despreocupada , inculta, adicta ao bingo. Comparárona coa madrastra de “Cincenta” ou a de “Brancaneves”

Matilda:intelixente, imaxinativa,amable,comprensiva, defensora dos débiles ante as inxustizas.Recordoulles a “Cincenta”

Hoxe xuntámonos pola tarde para ver a película e analizar as diferenzas co libro.


¡Con palomitas incluídas!


Descubimos que algúns eepisodios do libro desapareceron e outros cambiáronos de lugar.

Hai cambios en detalles como o libro que rompe o pai, no libro é “O poni vermello” e na película “Moby Dyck”. O episodio do sombreiro cando lle pon a super cola. Na película esto sucede no propio taller do pai pero no libro é na propia casa .


Disfrutamos coa película pero comentaron que prefiren ler primeiro o libro para imaxinarse eles aos personaxes, paisaxes...e logo comparalos.








domingo, 11 de enero de 2009

MATILDA




"Matilda" é un dos libros que escollimos para o noso "Club de lectura" do cole. Este mes xa o estamos lendo.

Matilda é unha nena de cinco anos. É superdotada e cunha gran afección pola lectura.
Roald Dahl, o seu autor, escribiu esta novela no ano 1988 e foi levada ao cine no ano 1996.

Estamos lendo o libro, veremos a película e dende o IES As Mariñas chéganos unha proposta para xogar con Matilda.

A XOGAR!!

Disfruta con Matilda!

jueves, 13 de noviembre de 2008

LA CANCIÓN DE AMINA

Durante un bo tempo estivemos hoxe intercambiando opinións e comentarios sobre este maravilloso libro.
Falamos das diferenzas entre as dúas tribus.
Na de "Fillos do vento"as mulleres tiñan que levar o rostro tapado e non lles deixaban montar a cabalo nin tecer animais ou homes nas alfombras, ademáis son sedentarios.
Na de"Fillos da tempestade":as mulleres poden montar a cabalo e non levan o rostro tapado, eles son moi hospitalarios e nómadas.
Foi unánime a necesidade de falar da situación de inferioridade da muller nestas culturas e da importancia de respetar o dereito á igualdade de oportunidades.
Os persoaxes favoritos resultaron ser Amina e Tarik, aínda que para Iván tamén está Mustafá.
Pedro Sánchez comentou que a conclusión deste libro é que cando nos interesa realmente algo debemos esforzarnos ao máximo para conseguirlo.
Impresionoulles sobre todo a valentía dos personaxes.

ANIMÁDEVOS A LELO!!!







miércoles, 12 de noviembre de 2008

OS MEGATOXOS E A ESPADA ESMERALDA NO NOSO CLUB DE LECTURA

Hoxe foi a primeira xuntanza do club deste ano para falar do primeiro libro,Os Megatoxos e a espada esmeralda.A biblioteca pechada só para nós.
Para acompañar a xuntanza, que mellor cun biscoito de chocolate caseiro e unhas galletiñas.Un bo xeito de comenzar mezclando literatura e gastronomía.
Que momentos tan intensos compartimos!Como se iluminaban os vosos ollos cando falábades das vosas partes favoritas!

Grazas por tanto entusiasmo!






Algúns comentarios dos que fixéchedes foron:

  • "As partes de misterio foron as que máis me gustaron "
  • "Resultoume algo difícil a súa lectura por estar en galego"
  • "Gustoume cando Faísca salva a Ninfa"
  • "As rimas de Ninfa encantáronme"
  • "Pareceume máxico cando Ninfa dunha landra fixo crecer a planta para buscar a luz e así dar coa saída"
  • "A escena, coa que máis disfrutei, foi ca da biblioteca cando Ruxe tivo que convertirse en quenlla para salvar aos seus compañeiros levando o libro entre as augas para abrir a porta"
  • "É un libro emocionante e misterioso"

jueves, 6 de noviembre de 2008

LA CANCIÓN DE AMINA



Amina é a filla dun poderoso xeque árabe. O que máis desexa é aprender a montar á cabalo, pero no seu pobo non está permitido para as mulleres . Pero un día, Amina coñece a Tarik, que lle ensina a montar e as cousas empezarán a cambiar.


Se queres fainos chegar os teus comentarios:
comentános que che pareceu este libro, que foi o que máis che gustou ,o que menos, cal foi o teu personaxe favorito, algunha frase a resaltar da obra ou cualquera outra cousa que che apeteza compartir con nós sobre esta lectura

Non vos esquenzades que o vindeiro mércores 12 , no recreo, xuntarémonos para falar sobre este libro.