Mostrando entradas con la etiqueta Roald Dahl. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Roald Dahl. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de febrero de 2017

AS BRUXAS DE ROALD DAHL


Nesta xuntanza empezou Salma facendo o resumo, unha historia de Bruxas contada por unha avoa. Para Sara é a historia dun neno e a súa experiencia coas bruxas. A Aida sorprendeulle que non aparecera o nome do neno en ningún momento. Álex di que poderíamos chegar a pensar que se trata dunha experiencia persoal do autor e que o protagonista podería ser Roald Dahl.
Héctor enumerou as características que distinguen a unha bruxa dunha muller normal, axudado por Sara.
A avoa era bruxófila, é dicir, estudosa das meigas por iso sabía tantas cousas sobre elas.
Unha cousa que lles sorprendeu foi que a avoa fumara puros negros. Non era unha avoa como as demáis!
Ofreceulle un puro ao seu neto e non lle importaba que non se bañara.
Héctor, Sara  e Aida comentaron o regalo que lle fixo a avoa antes da viaxe, dous ratos brancos cos que o rapaz quería facer un circo.
Entre a avoa e o neto conseguiron acabar con todas as bruxas convertíndoas en ratos.
Falamos tamén das ilustracións. Para Héctor gracias a estas podía comprenderse mellor o libro.
Reflexionamos sobre unha frase da páxina 277 :
"Da igual quen sexas ou que aspecto teñas mentres alguén te queira"
 Recomendámosvos a lectura deste libro.

miércoles, 18 de febrero de 2009

CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE

Hoxe queremos animarvos a ler un dos libros favoritos de Adrián Novoa, o protagonista do libro deste mes, O Raio Veloz.

Charlie e a fábrica de chocolate é outra das grandes obras do escritor Roald Dahl,de quen xa falamos cando traballamos o outro dos seus libros, Matilda.

A Charlie o que máis lle gustaba no mundo era o chocolate. E precisamente na fábrica de chocolate do Sr. Wonka vai vivir a máis extraordinaria aventura que xamais puido soñar.

Deixámosvos este pequeno avance da película pero para que vos animedes a ler o libro, para despois poder disfrutar máis dela.


lunes, 9 de febrero de 2009

MATILDA NO CLUB DE LECTURA

Éste é o último libro que se leu no club de lectura, ata o momento. Todos disfrutamos coa súa lectura e estabamos desexando xuntarnos para intercambiar opinións e comentarios.

Hoxe querémosvos aportar algunhas das opiniós dos alumnos e alumnas:

O libro é unha pasada. Gustaríame ser como Matilda e poder facer as cousas que ela facía. O que nunca me gustaría é ter uns pais como os dela. Prefiro que os meus pais me coiden e que me animen a facer as cousas”

“Non podo entender como ós pais de Matilda no lles importa a educación da súa filla e as diferenzas que fan entre ela e o irmán”

Este libro fíxome ver que na vida podémonos atopar obstáculos, pero que se un quere pode superalos, por duros que sexan”.


“A min non me gustaría ter uns pais como os de Matilda porque son uns seres aos que só lles importa o seu traballo e a beleza, sempre deixan a súa filla de lado.”

Nos libros atopa todo aquelo que a súa familia non lle pode dar, xa que tanto os seus pais como o seu irmán son uns auténticos ignorantes que non a comprenden e a ven como un bicho raro porque prefire ler e estudar a ver a tele.”

“Hai moitas nenas e nenos no mundo con capacidade suficiente para estudar e non poden porque os seus pais pensan o contrario e non os valoran nin apoian.

O que máis lles chamou a atención deste libro foron, sobre todo, os personxes:

Señorita Honey: boa, cariñosa, comprensiva e dulce.Comparárona coa fada madriña dos contos.O seu propio nome indica dulzura

A directora Trunchbull :cruel, mala e perversa.Recordoulles ás bruxas dos contos.Descubrimos que o seu nome traducido tamén ten relación con ela (toro)

Pai : timador,estafador, inculto, mala persoa.Comparárono cos ogros dos contos. É un gusano como indica o seu apelido

Nai: creída,despreocupada , inculta, adicta ao bingo. Comparárona coa madrastra de “Cincenta” ou a de “Brancaneves”

Matilda:intelixente, imaxinativa,amable,comprensiva, defensora dos débiles ante as inxustizas.Recordoulles a “Cincenta”

Hoxe xuntámonos pola tarde para ver a película e analizar as diferenzas co libro.


¡Con palomitas incluídas!


Descubimos que algúns eepisodios do libro desapareceron e outros cambiáronos de lugar.

Hai cambios en detalles como o libro que rompe o pai, no libro é “O poni vermello” e na película “Moby Dyck”. O episodio do sombreiro cando lle pon a super cola. Na película esto sucede no propio taller do pai pero no libro é na propia casa .


Disfrutamos coa película pero comentaron que prefiren ler primeiro o libro para imaxinarse eles aos personaxes, paisaxes...e logo comparalos.








domingo, 11 de enero de 2009

MATILDA




"Matilda" é un dos libros que escollimos para o noso "Club de lectura" do cole. Este mes xa o estamos lendo.

Matilda é unha nena de cinco anos. É superdotada e cunha gran afección pola lectura.
Roald Dahl, o seu autor, escribiu esta novela no ano 1988 e foi levada ao cine no ano 1996.

Estamos lendo o libro, veremos a película e dende o IES As Mariñas chéganos unha proposta para xogar con Matilda.

A XOGAR!!

Disfruta con Matilda!