Coa lectura do libro “Xoeliki” de Abraham Carreiro rematamos as lecturas o primeiro grupo.
Gustáronnos moito frases como estas:
- “ A tecnoloxía é marabillosa, máis os libros de papel…”
- “ Ler é máxico: axuda a medrar, a viaxar…”
- “ Hai que aprender gozando”
Opinamos que:
- É un libro moi interesante ao tratar das novas tecnoloxías, onde aparece vocabulario específico, algunhas palabras non as coñeciamos.
- Danos a entender que as novas tecnoloxías son necesarias, pero que non deben substituír aos libros, o pracer de cheiralos, de pasar as follas… é inmenso, non se pode perder.
- Axudounos a entender que navegar por internet é moi útil, pero que hai que ser moi prudentes.
- Pensamos como Xoeliki e os da escola pirata, que internet debería ser libre e gratis para tod@s.
Tiñamos tantas cousas que
dicir, que non nos deu tempo a dicilo todo.
Para rematar, como reflexión
sobre estar nun grupo de lectura, coincidimos en que é unha actividade moi interesante
e enriquecedora, aprendemos dos demais, perdemos o medo a dar a nosa opinión en
público, e sobre todo, DISFRUTAMOS LENDO.
Démoslle a benvida ao segundo
grupo, comezamos co libro” Chamádeme Simbad”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario