lunes, 16 de diciembre de 2019

OS MEGATOXOS E O APRENDIZ DE DRUIDA. ANXO FARIÑA




A maxia nas lecturas, os superpoderes …descubrímolos no libro que comentamos esta semana: “Os megatoxos  e o aprendiz de druida”.



“Faísca, Ninfa, Ruxe e Lúa son os protagonistas, teñen que transportar unha especie de  toxo mutante dentro dunha urna. Rompen a urna e adquiren superpoderes.

O toxo transpórtase á época dos celtas a Galicia. Os catro viaxan nunha máquina do tempo  na busca do toxo. Na aldea onde  atopan o toxo, coñecen o Gael, o aprendiz de druída, que entre os ingredientes dunha apócema, mete un anaco do toxo mutante e crea un ser maligno, chamado Drunxel.

 Eles axudan ao pobo de Gael , a librase do monstro , pero non consiguen coller toxo, que de novo se transporta”.  

 Aprendemos:

O toxo na realidade é unha planta considerada una especie exótica invasora das máis dañinas.

Os celtas galegos tiñan bruxos ou druidas nos seus poblados e curaban con apocemas.



Os nosos comentarios:

Emma Alén descubre que no libro aparecen valores como o traballo en equipo e Silvia comenta que é interesante porque tod@s aportan algo e se complementan entre eles.

Paula: “ Gustaríame ter o superpoder  dos feitizos porque podería maldicir á xente mala”

Xian: ” Eu querería ter o pode do lume poque sempre de pequeno soñaba con ter poderes e cando vexo o lume quédome abraiado mirando para el”.

Andrea: “ Molaría ter lume, sobre todo cando vai frío”

Antía: “ Gústame o poder de facer crecer a natureza porque a min encántanme as plantas e as flores”

Alicia: “ Hai sitios sen vexetación , eu podería facer que crecese”.

Para Daniela o personaxe mellor da historia é Lúa porque ten a autoestima moi alta.

Juan di que lle chama a atención Lúa porque non quere facer nada e que sempre se está queixando.

O vindeiro libro...“Chámade Simbad”. A súa portada  chamounos a atención, porque coñecemos un protagonista doutro libro que se chama Simbad. Terán algo que ver os dous libros? Descubrirémolo pronto.

No hay comentarios: