martes, 19 de febrero de 2019

PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROLL




“PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROLL” de Diego Arboleda  conta a historia dunha institutriz, Eugene, que viaxa a Nova York para coidar dunha nena. Debe evitar que Alice lea, sobre todo ten prohibido ler o libro de “Alicia no país das marabillas”.
Unha das cousas que máis nos gustou foi encontrar parecido co propio libro de Alicia: personaxes moi raros,  situacións absurdas e cómicas…ata un tío que é como o coello. 
Parécenos que fomentar a curiosidade nos nenos e manter intriga é moi importante. Alice é unha nena curiosa e fantasiosa, que conta con dous aliados, Eugene e o seu tío, menos mal que fan un bo equipo e consiguen o próposito de Alice, coñecer a verdadeira Alice, a que inspirou o personaxe.
Soubemos que a nena inspiradora do conto existiu de verdade.

Este libro encantounos!

  O noso grupo rematamos coas lecturas.Que mágoa! Agora tócalle disfrutar aos nosos compañeir@s, eles/elas  comezan co libro de ”Rosaura e o mar” e “Un buen rato con cada plato”, esperamos a visita de ISABEL BLANCO.




No hay comentarios: