jueves, 28 de febrero de 2019
VISITAMOS O CASTELO DO SOBROSO E O CASTRO DE TROÑA
O martes 19 o club de lectura do noso centro, xunto co do IES Val do Tea, visitaron o Castelo do Sobroso e o Castro de Troña para coñecer a historia e as especies vexetais que ten a senda botánica do entorno. Foi unha visita guiada e organizada polo Concello.
Desexamos seguir estando en contacto co club de lectura deste instituto porque é un xeito de poder ter continuidade esta actividade tamén alí. Moitos dos nosos alumnos e alumnas do club deciden participar tamén no do instituto cando chegan alí.
FOI TODO UN PRACER!!!
martes, 19 de febrero de 2019
PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROLL
“PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROLL” de Diego Arboleda conta a historia dunha institutriz, Eugene,
que viaxa a Nova York para coidar dunha nena. Debe evitar que Alice lea, sobre
todo ten prohibido ler o libro de “Alicia no país das marabillas”.
Unha das cousas que máis nos gustou foi encontrar parecido
co propio libro de Alicia: personaxes moi raros, situacións absurdas e cómicas…ata un tío que
é como o coello.
Parécenos que fomentar a curiosidade nos nenos e manter
intriga é moi importante. Alice é unha nena curiosa e fantasiosa, que conta con
dous aliados, Eugene e o seu tío, menos mal que fan un bo equipo e consiguen o
próposito de Alice, coñecer a verdadeira Alice, a que inspirou o personaxe.
Soubemos que a nena inspiradora do conto existiu de verdade.
Este libro encantounos!
Este libro encantounos!
O noso grupo rematamos coas lecturas.Que mágoa! Agora
tócalle disfrutar aos nosos compañeir@s, eles/elas comezan co libro de ”Rosaura e o mar” e “Un
buen rato con cada plato”, esperamos a visita de ISABEL BLANCO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)