martes, 28 de marzo de 2017
O RAIO VELOZ (II)
Este mes empezamos a segunda quenda do Club de lectura, formado por Amalia, Yeray, Izabella, Sheila, Aitana, Amalia, Alejandra e Claudia.
Empezou Amalia facendo un breve resumo:
"Adrián, o protagonista, non busca gañar cartos co seu traballo senón axudar á xente. Tivo moitos traballos e sempre pensaba que eran os definitivos, pero algo pasaba que o facía cambiar de opinión"
Comentou que a parte que máis lle gustou foi cando no super cambiou a comida da cesta de Nadal polos alimentos, máis sans que levaban unha nai e unha filla nas súas bolsas.
O último traballo ao que se presentou o protagonista foi nunha empresa de mensaxería. Alí coñeceu a Rosa, a súa xefa, coa que tiña moitas cousas en común, como dixo Yeray. Unha destas era o gusto pola lectura e polos mesmos libros (Paul Eluard). Tamén o gusto polas adiviñas.
Amalia e Sheila pensan que a resposta á adiviña que queda sen resolver no libro é "O ovo". Non todos foron capaces de resolvela.
Para Sheila "O Raio Veloz" é un libro romántico e para Yeray de misterio e aventura. Para a profe Ángeles é un libro de maxia. Adrián parece unha fada que cumpre os desexos da xente, un rei mago. De feito na páxina 41 dise: "Así é como se sentía Adrián, como un novo rei mago..."
En xeral disfrutamos todos deste libro e animámosvos a que tamén o leades vos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario