miércoles, 11 de noviembre de 2015

PRIMEIRA XUNTANZA






O pasado 3 de novembro tivemos a primeira xuntanza deste curso. O libro que lemos foi Escarlatina, a cociñeira difunta, de Ledicia Costas. Reunímonos 21 alumnos para comentar a lectura e degustar as ricas sobremesas preparadas por nos para a ocasión. Esta vez eramos tantos porque esperábamos á escritora para este primeiro trimestre, pero non vai poder ser e teremos que esperar para o segundo para poder coñecela.Na seguinte xuntanza xa seremos menos.

Para empezar fixemos un resumo entre todos.Despois a profe Rita pediunos que definísemos o libro nunha soa palabra. Rio dixo que lle parecía "raro", Xiana "intrigante", Marta dixo que era "interesante" e para Marcos foi "aparvado"

Cando a profe nos pediu que inventaramos un final, Andrés contestou que lle gustaría que Escarlatina volvera á vida e que se adaptase. Laura Martínez tiña claro que o mellor final sería que Escarlatina resucitase ao avó de Román; de feito ela esperaba este final. Para Brais o mellor sería que o avó volvese á vida aínda que se así fose á nai de Román daríalle un ataque ao corazón. A Pedro gustaríalle que volvese ao mundo puidendo acceder ao inframundo cando quixese.

Ao final do encontro volvemos definir nunha soa palabra o libro e xa se animaron máis , "entretido"(Álvaro), "alegre"(Nacho),"aventureiro"(Luis), "gracioso"(Dyan), "interesante"(Carlota), "máxico" (Uxía) e "divertido" (Diego).

Divertímonos moito neste encontro, foi unha experiencia nova para nós.Esperamos encantados o segundo no que imos ler "Chamádeme Simbad", de Francisco Castro. 


No hay comentarios: