Nesta xuntanza falamos de Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata, con texto e ilustracións de Maties Segura e Abraham Carreiro. Aventuras moi actuais,, dun neno de once anos que bota de menos ao seu pai morto. É moi afeccionado aos videoxogos, tendo incluso unha relación de amizade virtual.
O tema resultounos moi atractivo.
A todos nos gusta Internet; o que nos levou a falar sobre o control e
responsabilidade necesarios no seu uso.
Para todos resultou moi
entretido, e a súa lectura resultoulles fácil, aínda que o final sexa o que
menos lle gustou.
Resulta moi axeitado tamén que alumnado e lectores teñan a
posibilidade de chegar ao libro a través da rede, posto que conta coa súa
propia páxina web,www.xoeliki.com., onde se pode acceder a cada un dos personaxes, aos autores, e mesmo convidarannos a formar parte dun foro e sermos da súa Rede
Social Tesouros Piratas. Algo que vai encantar.
As ilustracións que acompañan o texto tamén lles impactaron por seren moi especiais, cunha cor que nun principio podía chocarlles pero conincidiron en que era o máis axeitado..
As ilustracións que acompañan o texto tamén lles impactaron por seren moi especiais, cunha cor que nun principio podía chocarlles pero conincidiron en que era o máis axeitado..
No hay comentarios:
Publicar un comentario