Falamos da mestura de elementos actuais con outros que non teñen que ver co noso mundo
o que lles resultaba moi divertido.Chincheta estudia novas
tecnoloxías, teñen que levar a vasoira a ITV...
Aparecen adiantos técnicos que lles sorprenden coma a vasoira da bruxa que ten tren
de aterraxe, piloto automático, motor de arranque ou depósito de combustible.
Tamén lles sorprendeu a rapidez coas que cambiamos de emocións
provocando a risa como cando a bruxa acaba de asustarse co
morcego que lle conta o pavoroso que é o seu señor e a continuación dóese del
cando lle di que está enfermo.
Analizamos as
esaxeracións entendéndoas como recursos humorísticos e poéticos:
«O xigante é descomunal.Faise noite só coa súa sombra».
As imaxes tamén nos fascinaron e descubrimos que nos aportaban información da que non aparecía no texto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario