Que magoa! Había tantas cosas que dicir, que o tempo
fíxosenos curto.
Por suposto, referímonos
a Xuntanza do Club de Lectura. O libro a comentar era XOELIKI de Abraham
Carreiro. Libro cunha temática totalmente diferente a NATA Y CHOCOLATE,
pero non por iso menos interesante.
Xoeliki, un
rapaz, orfo de pai, case sen querer entra no mundo da informática e mesmo
atopa a clave para vencer un serio virus
que ameaza o futuro dos rapaces da súa escola no mundo da Internet.
O tema resultounos
moi atractivo, a todos nos gusta
Internet; o que nos levou a falar sobre o control e responsabilidade necesarios
no seu uso. Incluso comentamos casos de enganos na rede.
Gemma comentounos que
está moi de acordo coa frase:
“ Ler é máxico, axuda a medrar”.
Ela comparaba ver
a película con ler o libro , e dicía que "no libro ti eres parte do conto porque
te tes que imaxinar cousas, na película xa cho dan feito”.
Pedro considera que
traballar en equipo é fundamental, por iso resaltou a frase:
“Traballar en
equipo, multiplica ideas”.
A Laura Collazo a frase que máis a impactou foi:
”Non hai
nada como aprender gozando cada día”.
O que a levou a pensar nas Matemáticas, polas que sente fascinación. “A min gústanme
as Matemáticas, para min son maxia,encántame investigar para resolver unha
cousa e que me saía outra”. Díxonos que
resolvendo misterios o pasa divinamente.
Todos opinamos o mesmo, que preferimos aprender disfrutando e
se pode ser en equipo, xa que resulta
máis doado.
Outro detalle que nos chamou a atención foi a obsesión da nai e de Xoeliki por pulsar
a tecra SCOLL LOCK , sobre todo el,
cando estaba en apuros pensaba no seu pai e pedíalle axuda, quizais pensaba que onde quera que el
estivera coidaría del.
Poidemos coñecer palabras relacionadas con Internet que
nunca antes escoitaramos.
E para rematar unha agradable noticia, xa temos data para
recibir a Alicia Borrás Sanjurjo,
estamos impacientes por coñecela, dado que para nós Nata y
Chocolate é un libro entrañable.
Como sabedes somos grandes lector@s e temos algunhas
recomendacións para vós :
- La invención de Hugo Cabret
- Regreso a la tierra de dragones
- Donde los árboles cantan
No hay comentarios:
Publicar un comentario