Esta foi a última xuntanza deste grupo xa que a próxima empezará o outro club.
Aínda quedan piratas na Costa da Morte é a obra que estivemos lendo durante estas semanas.Esta historia sucede nun lugar da nosa costa .
Empezamos a saborear o bizcoito de
chocolate e entre bocado e bocado fomos intercambiando opinións sobre este
libro. Compartimos as nosas opinións sobre a historia, que se ía
tecendo, e sobre as personaxes.
Falamos do cambio
de Hector na súa estancia na Costa da Morte incluso "afeccionárase á lectura e lía
toda clase de libros dos máis variados temas, deixándose levar pola curiosidade
e polo impulso".Al igual que a él gustáronlles as lendas e historias da zona e incluso algúns buscaron máis información sobre a zona e o porqué do seu nome.
María tamén buscou información sobre a escritora que compartiu con todos.
Grazas a este libro algúsns xa están desexando ler "A ILLA DO TESOURO",O libro no que atopan as pistas para descubrir o tesouro que deixou o avó.
Un libro cheo de misterios e aventura que vos recomendan a todos e todas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario