jueves, 5 de noviembre de 2009

O DIARIO DE ANA FRANK NO CLUB DE LECTURA



Tocoulle o turno ao Diario de Ana Frank. Neste mes Ana acompañounos en moitos momentos das nosas vidas e agora todos estabamos desexando falar dela e dos seus compañeiros de cautiverio.

Durante a charla, como sempre distendida e interesante, alternamos os comentarios sobre diferentes aspectos do libro.


Comentamos sobre a época na que se desenvolven os feitos. Aitor falounos dos xudeus e Pedro sobre os Nazis. Tamén falamos sobre as personaxes que más nos gustaron, sobre algúns temas,como a educación naqueles tempos, a política e das relacións de Ana cos seus pais, coa irmá e con Peter.

Chamoulles a atención o concepto que ten Ana sobre a situación de desigualdade na que viviu a muller en moitos momentos, como comenta que grazas á "ensinanza, o traballo e o desenvolvemento" vai cambiando o seu papel na sociedade.

Yanira comentou que este libro lembroulle "O neno co pixama de raias" pola temática.

Carla quixo lernos unha frase que lle chamou especialmente a atención :

"El papel es más paciente que el hombre"

Esta frase fíxolle entender
esa relación tan especial que Ana tiña co seu diario.

Rematamos a xuntanza vendo fotos que nos trouxo Carla sobre as personaxes do libro ,e mirando un libro sobre Auschwitz de Pedro.








3 comentarios:

bibliotecadocole dijo...

Noraboa por ese club de lectura tan especial. Que sigades así, dando exemplo.
Un saúdo dende Moaña

Encarna dijo...

Parabéns por ese traballo que facedes para poder manter ese club de lectura tan estupendo. Nós estamos preparando todo para comezar no 2º trimestre, xa vos iremos pedindo consellos.
Un agarimoso saúdo dende Pontedeume, un bico moi especial para Bea.
Encarna.

Susana Lamela dijo...

Eu tamén vos quero felicitar polo voso club de lectura. A ver se dámos posto en marcha o noso e podemos facer algunha actividade en conxunto.

Non sei se sabedes deste vídeo duns segundos no que se pode ver a Ana Frank.

http://www.youtube.com/watch?v=4hvtXuO5GzU&feature=player_embedded

Bicos
Susana Lamela