Debido as circunstancias que nos rodearon tivemos que deixar de facer as xuntanzas presenciais para comentar as lecturas, pero non por iso deixamos de ler e buscamos a maneira de poder comentar xunt@s o libro.
Unha videoconferencia foi a solución, así que o venrés 29 de maio en horario de 11:15h a 12:00h estivemos falando sobre el.
Estas foron as nosas conclusións:
Xana: “ Pareceume irresponsable que Xoeliki andivera facendo cousas sen que a súa nai o soubera, podía pasarlle algo malo.
Resultoume curioso que a historia transcorra en dous días ”.
Cristian: “Pareceume que podían explotar máis ao personaxe de Ari.
Non se me ocorre como pudo resolver dunha forma tan sinxela o grave problema.
Case que parece un diario”.
Candela: “ A min chamoume a atención especialmente o personaxe de Ari, tan misteriosa e rara”
África: “ O final é estraño, todo se resolve de forma moi rápida”.
Xurxo: “ Parecíame raro que un neno que non sabe de informática resolva o problema e salve Internet”
Emma Alen:” A min vénseme a cabeza Xoeliki e un montón de ordenadores”.
Enma Barcia: “ Creo que a portada, chama a atención e logo daste conta que é a única imaxe que ten cor”.
Coincidimos tod@s en que é un libro moi ameno, onde podes aprender palabras relacionadas coa informáticas e cuns debuxos moi acordes co tema do libro, como querendo simular un xogo online.
Reflexionamos sobre o uso de Internet, que é bo, pero que pode resultar perigoso.
Foi un pracer compartir e desfrutar este club con todos vós e animámosvos a que sigades lendo, onde sexa, pero lendo moito.
Grazas.
Moita
sorte, agardamos vervos
pronto.
Unha
aperta.