lunes, 8 de marzo de 2010

A CORTE DO REI ARTURO

Un dos libros deste mes está ambientado na corte do Rei Arturo, na Idade Medieval
Verónic@ chega a Camelot con gañas de coñecer ao famoso Merlín. Pero
ademáis de non ser o simpático mago que esperaba, éste convírte no
seu peor enemigo.

Para coñecer un pouco máis do Rei Arturo e da época invítovos a ver este vídeo.

CHARLES DARWIN

Charles Darwin foi unha figura importante para as ciencias naturais. Dende pequeno mostrou un gran interese pola natureza e aos 22 anos fixo unha viaxe científica por todo o mundo que durou cinco anos , donde puido estudiar moitos seres vivos e fenómenos naturais. A teoría máis importante de Darwin foi a da evolución das especies, orixinada pola selección natural dos especímenes máis aptos para a vida nun medio determinado.

Deixámosvos este vídeo por se queredes escoitar a súa biografía despois de ler o libro.

QUINTA XUNTANZA

Non vos esquenzades de rematar os libros escollidos para este mes, pois a semana que ven temos as xuntanzas.

Mércores 17, o primeiro grupo co libro de Vero en la corte del rey Arturo, de Carlos Puerto.

Xoves 18, o segundo grupo co libro Me llamo...Charles Darwin, de Lluis Cugota .
Esperámosvos!!!

jueves, 28 de enero de 2010

A PELÍCULA DE ANA FRANK





Por fin puidemos xuntarnos para ver a película, xa que o día que tiñamos programado houbo que suspendela polo temporal.

Disfrutamos da película coas palomitas e intercambiamos comentarios sobre as diferencias entre esta e o libro.

Falamos sobre Ana Frank,unha adolescente que sufriu unha das peores persecusións que lembra a humanidade: a de Hitler en contra da súa raza, a xudía.
Quixeron lembrar as palabras de Ana sobre política:

"Es natural que haya muchas opiniones...que se quejen, que protesten...pero no que se peleen"

Ana Frank para todos foi un testemuña de amor e símbolo de paz.

CUARTA XUNTANZA: AS FLORES RADIOACTIVAS







Co segundo grupo tamén tivemos a cuarta xuntanza, neste caso para intercambiar opinións e comentarios sobre "As flores radioactivas".

En liñas xerais comentaron que non foi un dos seus libros favoritos. A historia non foi moi amena para eles pero si lles interesou a documentación sobre os vertidos na fosa atlántica, que aparecían no final do libro. De feito Aitor investigou máis a fondo sobre o tema e quixo compartir con nós a información que conseguiu. Pedro aportounos información sobre a organización ecoloxista á que pertencía o irmá da protagonista, ADEGA, xa que quixo comprobar se era real.

Soraya e Carla comentaron sobre algunhas películas nas que tamén se trataba os efectos da radioactividade.
Falamos da importancia de coidar o noso planeta, recordamos que todos podemos ser héroes e heroínas, nesta misión da que depende esa entrañable anciá que chamamos Terra, todos e todas podemos poñer o noso pequeno gran de area.

Nesta xuntanza tamén celebramos o cumple de Pedro, que tal e como nos prometeu trouxo as rosquillas que fixeron na casa.

domingo, 17 de enero de 2010

CUARTA XUNTANZA: A ESCOLA DE PIRATAS






Esta pasada semana xuntámonos para falar, co primeiro grupo sobre "A escola de piratas".

Tivo moi boa acollida. Falouse sobre o importante que era saber sobrepoñerse ante situacións difíciles e como o traballo en equipo axuda a superalas.

A Mar e Natalia encantoulles sentir, nesta historia, o poder da fantasía e da imaxinación para cambiar o mundo, a realidade.

Comentaron como a directora deste colexio lle recordaba á de Matilda.Non lles gustou o desprecio que fai a directora pola lectura:

"Pois se queren ampliar que o fagan nas súas casas; isto é un colexio non unha biblioteca...Ler contos non entra no programa. E tampouco que os nenos os inventen, esa si que é a maneira máis parva de perder o tempo"(Pax.26)

Por outra banda o fragmento que máis lle gustou foi:

"A imaxinación ten un poder moito maior do que se cre. Ben mirado, é a única forza capaz de cambiar o mundo. E se actúa de forma conxunta, aínda moito máis"(Pax117)
Por unanimidade déronlle un 10 a este libro.

lunes, 4 de enero de 2010

PRÓXIMA XUNTANZA

Non vos esquenzades nestas vacacións de rematar os libros escollidos para este mes pois xusto á volta xa temos as xuntanzas.


Mércores 13, o primeiro grupo co libro A escola de piratas de Agustín Fernández Paz.

Xoves 14, o segundo grupo co libro As flores radioactivas tamén de A gustín Fernández Paz.


Se queredes saber algo máis do escritor destas dúas obras clicade na seguinte imaxe