viernes, 4 de noviembre de 2011

COMEZAMOS COS MEGATOXOS





Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa apenas se coñecen cando empezan o curso, pero algo sucede e fará que as súas vidas cambien para sempre.Teñen máis cousas en común do que eles pensaban. Estraños poderes, aventuras e misteriosos encontros viaxando polo tempo en busca de respostas, na terra dos seus antergos...os celtas.

Se queredes saber máis podedes clicar na imaxe e deixar os vosos comentarios.

Anxo Fariña, o seu escritor e ilustrador visitounos fai uns anos, deixounos algunhas ilustracións que hoxe presiden a nosa biblioteca, e incluso invitounos a presentación do libro.


Este é o inicio dunha fantástica viaxe que continuará ... Non vos poderedes perder os seguintes títulos.

domingo, 9 de octubre de 2011

XA ESTAMOS EN MARCHA



O Club de Lectura xa está en marcha dende esta semana. Este curso nos reuniremos en dous grupos xa que sodes 36, xuntarémonos un xoves ao mes no recreo. Nestes encontros intercambiaremos ideas, opinións ....

Na primeira xuntanza xa coñecíchedes os títulos que imos traballar e como. As vosas caras iluminaban entusiasmo cando colléchedes nas mans o primeiro libro co que imos empezar, desexamos que non o perdades nunca, o entusiasmo!.

Benvidos ao CLUB DE LECTURA BIBLIOBREY!!!

lunes, 27 de junio de 2011

DESPEDIDA E ROTEIRO LITERARIO POLO TEA















Para despedida, o club de lectura disfrutou dun roteiro literario polo río Tea.Leímos diferentes poemas de Javier Heraud, dedicados ao río, e incluso un escrito por María Portela, membro do noso club.
E...o bizcoito de chocolate tampouco podía faltar.Houbo entrega de diplomas e un folleto de recomendacións de "libros con sabor a chocolate".



A continuación deixámosvos algúns dos comentarios sobre o seu paso polo club de lectura:

"A oportunidade de ler libros , compartir opinións, entrar no mundo da fantasía, pasalo ben e compartilo cos demáis"
"Unha nova experiencia que me aportou máis coñecementos"
"Relacionarme con xente que comparte o meu afán polos libros e poder comentalos con eles"
"Falar de temas interesantes "
"Unha experiencia , onde podes expresar a túa opinión e compartila cos demáis"

Cando empezamos a organizar esta última xuntanza e ao saber que íamos ao río, María decidiu escribir un poema no que reflexiona sobre a contaminación do río.




O RÍO


O río levaba auga,


o río levaba calma.


O río levaba troitas,


o río levaba moitas.


Agora o río leva contaminación,


agora o río estará en extinción.


Un día camiñando


escoitei ao río chorando,


Pregunteille que pasaba,



o río choraba e choraba.



A contaminación


é para min unha destrucción,


contou o río con depresión.


Non teño mans


para arranxar


este mal que está a pasar.



Nenos e nenas,



nas vosas mans está


o poder de axudarme

a reparar este mal.








jueves, 26 de mayo de 2011

CHAMÁDEME SIMBAD






O avó fai cousas moi raras. Esquécese de todo e cámbialle o nome a todo o mundo, incluso ao seu neto que lle chama Simbad o Mariñeiro. Él é o único que entende ao avó e cando as cousas se poñen feas será o que sepa como actuar.

Falamos sobre o pai de Paulo, un home moi ocupado polo seu traballo, que coloca por enriba de todo o seu traballo, incluso da súa familia.

Reflexionamos sobre o alzheimer e incluso intercambiamos experiencias xa que varios membros do club temos familiares con esta doenza. Sandra tamén investigou na casa sobre o tema e trouxonos os seus descubrimentos.

Ao final o avó vai ir a un "Centro de día", e falamos sobre a visita dos "maiores" do Centro de Día do noso concello ao noso centro nestes días.

Son moitos os valores que se traballan neste libro: o respeto polos maiores, a comprensión da enfermidade, as relacións entre as diferentes xeracións, os roles do home e da muller tradicionais, a literatura como xeito de liberación...


Aqui vos deixamos un dos pasaxes máis emotivos de Paulo co seu pai:

"Cando sexas velliño e non poidas nin cortar a comida nin vestirte nin nada, eu, xúrocho! ... eu sempre estarei ao teu lado para coidarte."

É un libro para ler e reler.

lunes, 25 de abril de 2011

HOYOS















Este libro foi ,tal vez , o máis esperado por todo o club de lectura pola propaganda que lle fixo Pablo Bouzada dende principio de curso.Por unanimidade escollérono como o mellor libro de todos os lidos durante este curso. Gustoulles a mezcla de aventura, humor e intriga. O feito de incluir varias historias intercaladas costoulles, a algúns, enlazalas ao principio. Recoñeceron a necesidade desos saltos temporais para poder comprender a novela. A exaltación do valor da amizade foi outro dos puntos sobre os que se falou.



domingo, 27 de marzo de 2011

VENTOS



Nesta ocasión xuntámonos para falar de poesía, en concreto do libro Ventos, de García Teijeiro.
Cada un leu o que máis lle gustou e algúns trouxeron rematado o poema que no libro invitaba a facelo. Incluso houbo os que decidiron facer tamén poemas dedicados ao vento.
A continuación deixámosvos unha pequena mostra.










Como poderedes comprobar temos moi bos poetas e poetisas no noso club.

miércoles, 9 de marzo de 2011

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Durante este mes estivemos lendo poesía de Antonio García Teijeiro, en concreto "Ventos".Seguro que todos xa tendes o voso poema favorito sinalado, non vos olvidedes de traelo para axuntanza.Deixóvos este vídeo para que vaiades coñecendo a este ilustre escritor.