Esta semana tivemos a xuntanza para falar de Tom e do fantasma, Hugo, que descubre no sótano da súa casa. Recurre a Eloína Comino para que lle axude , pero a medida que vai coñecéndoo, fanse amigos e termina axudándolle a recuperar a mansión donde vivía.
Durante a lectura deste libro conseguimos participar das aventuras desta historia e descubrir algúns trucos para desfacernos dos fantasmas. Comentaron que lles pareceu unha historia moi ben plantexada e que lles fixo pasar moi bos ratos.
A historia gustoulles moito e convertíronse en verdadeiros especialistas de fantasmas, especialmente David e Pablo. Ten moitos episodios graciosos e cada un falou do seu capítulo favorito. Se vos gusta ler, animádevoooooos! Será unha experiencia fantasmagóricaaaaaaaaa!!
Este mes estamos lendo "Hugo tras una pista helada" da escritora Cornelia Funke.
Cornelia Funke, galardonada con diferentes premios, é unha das escritoras contemporáneas máis importantes de literatura infantil e xuvenil. Nas súas obras atopamos aventura, fantasía, suspense, maxia, dragóns, castelos, fantasmas, ladróns… todo iso narrado con encanto e imaxinación.
Despois de graduarse obtivo un título de educación teórica en Hamburgo. Pero, ela de pequena quería ser astronauta. O seu soño de ver as estrelas terminou cando viu que se precisaba entrenamento militar. Tamén desexou convertirse en piloto.
Posteriormente, traballou tres anos como traballadora social para nenos desfavorecidos. As historias desos nenos inspirárona a escribir e ilustrar algunhas das súas novelas. Quería facer deste mundo un lugar mellor axudando a outros. Despois de terminar un curso de ilustración traballou como diseñadora de xogos de mesa e ilustradora de contos infantís. Necesitaba escribir, debuxar e diseñar. Antes de trasladarse aos Estados Unidos, Funke traballou para un canal alemán , escribindo guións nun programa. No 2005 trasladouse de Hamburgo a Los Ángeles.
"Reckless. Carne de piedra" foi o último libro que acaba de publicar no 2010 en máis de doce idiomas simultáneamente. Este novo mundo de Cornelia Funke lévanos a un universo detrás do espello. Un universo donde os contos da infancia cobran vida.
Se queredes coñecer máis cousas sobre a súa vida e obra podedes clicar na foto.
Na última xuntanza falamos deste libro de teatro. Moitos deles foi a primeira vez que lían teatro e encantoulles a experiencia. Pablo e David dicían que cando o estaban lendo entrábanlles unhas gañas impresionantes de representalo. Falamos da mestura de elementos actuais con outros que non teñen que ver co noso mundo (como viaxar en vasoira) o que lles resultaba moi divertido.Chincheta estudia novas tecnoloxías, teñen que levar a vasoira a ITV... Hai unha serie de adiantos técnicos que sorprenden coma a vasoira da bruxa que ten tren de aterraxe, piloto automático, motor de arranque ou depósito de combustible. Hai situacións realmente cómicas coma cando aparece o morcego e se asusta a bruxa del e el da bruxa berrando ao tempo. Ou outras nas que a rapidez coas que cambiamos de emocións provocando a risa, por exemplo cando a bruxa acaba de asustarse só de ver ao morcego que lle conta o pavoroso que é o seu señor e a continuación dóese del cando lle di que está enfermo. Analizamos tamén as esaxeracións entendéndoas como recursos humorísticos e poéticos. Di o morcego: «O xigante é descomunal.Faise noite só coa súa sombra». As imaxes tamén nos fascinaron e descubrimos que nos aportaban información da que non aparecía no texto. David animouse a facer unha ilustración. Falamos tamén dos nomes dos protagonistas, do que lles gustaba, ata tal punto que a Pablo gustaríalle crear unha nova persoaxe, Chinchilla. Prometeunos que escribirá un novo capítulo con esta persoaxe. Tan pronto o teñamos publicarémolo para que todos poidades disfrutar del.
Animámosvos aos que todavía non lerades esta obra que os apuredes xa que pasaredes un bo rato.
Este libro deunos moito para pensar e reflexionar. Falamos sobre as miserias das guerras, de como o protagonista non podía ir a escola nin saír a xogar cos seus amigos, da soidade que sinte cando non pode xogar co seu amigo por motivos irracionais para él. A David chamoulle a atención que no medio da guerra os venres se conseguira un momento de silencio na hora do rezo.María non entende as diferenzas que hai según a zona da cidade na que viven, por que na Zona Verde teñen tantos privilexios. Tamén comentamos sobre a importancia do traballo do pai en medio dunha guerra, un carteiro que arrisca a súa vidapara levar a esperanza a outras persoas. Falamos de porque as Bibliotecas son os primeiros edificios que destrúen, como ben lle dicía a nai ao fillo "Porque os libros son coñecemento.Son o camiño cara a liberdade".
Hoxe na biblioteca sentimos a sorte de vivir nun lugar donde se respetan a maioría dos dereitos humanos.
Para os que todavía non vos animáchedes a lelo deixámosvos un pequeno avance:
O xoves xuntámonos para falar do primeiro libro, Las aventuras de "La mano negra" .Este libro narra as aventuras dunhapandilla de rapacesque se dedican a resolver misterios como auténticos detectives. Félix, Rollo, Adela e o pequeno Kiki co seu esquío, son os membros desta banda.
Unha das cousas que máis lles gustou deste libro foi que o lector tamén estivera implicado na resolución dos casos, gracias ás ilustraciones nas que deben atoparse pistas e acertar enigmas.Tanto o texto como as ilustracións teñen que ser lidas para captar o sentido da historia.
A diversión non está só en resolver as preguntas, senón en disfrutar dos debuxos, que teñen todo tipo de detalles. Esta parte lembroulles o libro de “Buscando a Wally”, no que as ilustracións tamén xogan un papel moi importante.
Todos quixeron seguir a dinámica do libro , que se plantexa na introducción, para descubrir se eran bos detectives:
"Busca la solución en cada dibujo y anótala en un papel siempre que hayas acertado. Encontrarás la respuesta en el texto de la página siguiente. Lee texto y dibujos con atención, y cuando termines el libro, suma todos los aciertos. En la página 130 tienes la clave para poder evaluar si eres un buen detective o... si necesitas afinar tus dotes de observación."
A María gustoulle especialmente unha frase: “Como somos cinco todo es más fácil”. Desta frase puidemos deducir a importancia do traballo en equipo, da amistade, da colaboración…A súa afición común para a investigación sempre a enfocan para axudar aos demáis.
O libro remata cunha frase de Sherlock Holmes: “Aprendió toda su vida”.Pablo falounos deste detective de ficción e comentamos sobre outros libros cunha temática parecida.
É un libro moi entretido e moi ameno. Convirte ao lector en alguén activo,métete de cheo na historia. Recomendámolo para quen quera coñecer este tipo de lectura.
Pronto imos iniciar as xuntanzas do club de lectura .Xa está feita a escolleita dos libros que imos ler neste curso, coas vosas aportacións.
Lembrade o funcionamento deste club:
- Lemos os libros de forma individual na nosa casa
-Xuntámonos unha vez ao mes.
-En cada xuntanza comentaremos o libro cos compañeiros. Debatimos sobre os aspectos que máis nos interesen.
-As xuntanzas serán na biblioteca, e na hora do recreo.
- Participamos en actividades diversas e relacionámonos con outros compañeiros que teñen os mesmos intereses ca nos.
-No Club de lectura: Non hai que facer ningún traballo.
Os lectores é o que temos, non paramos de reunirnos porque nos gusta falar das nosas cousas e das nosas lecturas. Queremos ir ao cine,voar, viaxar a Lúa se nos deixan...
O club de lectura de despedida, ata a volta do verán, disfrutamos dun roteiro literario polo río Tea.Leímos un poema de Pablo Neruda, "El río" e inspirándonos no ambiente creamos unha historia entre todos.
E...o bizcoito de chocolate tampouco podía faltar, pero esta vez houbo intercambio gastronómico de postres, como ben dixo Pedro.Empezamos a avaliación do curso e os comentarios sobre o que supuxo para eles formar parte deste club de lectura. A continuación deixámosvos algúns dos comentarios:
"A oportunidade de ler libros que doutro xeito non se me ocurrirían" "Unha nova experiencia que me aportou máis sabiduría"
"Relacionarme con xente nova, cos mesmos intereses "
"Falar de temas interesantes e enriquecedores" "Unha experiencia xenial, onde podes expresar a túa opinión abertamente e compartila cos demáis" "Te permite expresar a túa opinión sen medo a que a xente se ría de ti"
Dende aqui queremos dar as grazas a este grupo que marcha e que se animen a entrar no club do IES Val do Tea.