jueves, 5 de noviembre de 2009
AINDA QUEDAN PIRATAS NA COSTA DA MORTE
O ambiente xa estaba creado, empezamos a saborear o bizcoito de chocolate e entre bocado e bocado fomos intercambiando opinións sobre este libro. Compartindo en voz alta os nosos pensamentos sobre a historia, que se ía tecendo, e sobre as personaxes, foi pasando o tempo.
Falamos do cambio de Hector na súa estancia na Costa da Morte incluso "afeccionárase á lectura e lía toda clase de libros dos máis variados temas, deixándose levar pola curiosidade e polo impulso".
Carolina, a súa curmá tamén observara ese cambio, esa madurez, comparándoo con Xoán dicía que "a madurez non está na idade das persoas, senón na súa capacidade de adaptarse ao medio e aos demáis, e de aceptar a realidade sen complexos, tratando en todo caso de superarse ou superala"
A moitos deles a escea que máis lles gustou foi a do cemiterio xa que era como se estiveran alí con eles.Mar definiu o libro como un libro cheo de aventuras, misterio e amor.
lunes, 2 de noviembre de 2009
A COSTA DA MORTE
Algunhas lendas otorgan a mar a verdadeira razón do seu nome, a esa mar que loita rabiosa contra o litoral, engullendo sen piedade no seu fondo a barcos e homes.
Tamén había quen pensaba que Fisterre era o final do mundo coñecido, a fronteira coa mar , coa morte.
Sexa cal sexa a orixe do seu nome a Costa da Morte é un lugar máxico e cheo de beleza.
Invitámosvos a dar un paseo con estas imaxes.
domingo, 1 de noviembre de 2009
DIARIO DE ANA FRANK, TESTIMONIO DA CRUELDADE NAZI
No seu diario persoal, que comenzou a escribir apenas un tempo antes da invasión nazi, Ana Frank expresa os seus sentimientos e emocións durante a súa estancia, oculta da vista do exército nazi.
Ana Frank é sen dúbida a personaxe histórica que máis contribuiu a conservar o triste recordo do holocausto, que representa unha das maiores atrocidades da historia da humanidade. O seu testimonio serve para coñecer os horrores do nazismo.
Deixámosvos unha presentación de imaxes para que a coñezades un pouco mellor
Se queredes máis información sobre a súa casa clicade na imaxe
sábado, 10 de octubre de 2009
LISTADO DE LIBROS ESCOLLIDOS
Este ano debido ao elevado numero de alumnado de 6º ,anotado para o club, vímonos obrigados a centralo só neste nivel coa conseguinte pena dos de 5º. A estes últimos os temos en lista de espera e en caso de haber algunha baixa iríamos chamándoos. Pero xa lle prometimos que o mes de maio estará dedicado para eles. En canto aos libros que íamos ler, levámoslle unha relación de títulos e despois de ler un breve resumen deles elixiron os seguintes:
Contatrás,Paula Carballeira
Ed.Positivas
Aínda quedan piratas na costa da morte
Consuelo Jiménez de Cisneros
Ed.Edelvives
El diario de Ana Frank.
Ed. Debolsillo
As flores radioactivas
Agustín Fernández Paz .
Ed. Xerais
Vero en la corte del Rey Arturo.
Carlos Puerto. Ed. Edelvives
Darwin el viajero.Nicolas Cuvi.
Ed.El rompecabezas
Eles e elas xa saben que o Club de Lectura Bibliobrey intenta ser un lugar , onde compartimos e intercambiamos opinións, pensamentos, inquedanzas ou sentimentos
“Ler fainos máis comprensivos,
potencia a nosa imaxinación e
danos a posibilidade de vivir
outras vidas ademáis da nosa”
martes, 29 de septiembre de 2009
PRIMEIRA XUNTANZA DESTE CURSO
jueves, 28 de mayo de 2009
XUNTÁMONOS CON BALA PERDIDA
Durante esta xuntanza falamos sobre Bala Perdida, Rai, Rosa e algúns dos outros personaxes.
Según a maioría é un libro que tarda un pouco en engancharte pero unha vez que empezas non eres capaz de parar, como lle pasou a Carla que tivo que lelo enteiro nun día.
Falaron sobre os xudeus e os campos de exterminio, algúns incluso lembraron algún libro que falaba deste tema como é o Libro de Ana Frank.
San Andrés de Teixido tamén aparece no libro polo que comentamos sobre o que sabían eles deste sitio. Resultáronlle moi simpáticas algunhas das comparacións que utiliza o escritor:
"Tiradentes agarraba o timón como un volante de Fórmula 1"...
Para eles non era un pirata normal, era un pirata con corazón e con escrúpulos. Como ben dixo
Carla Bala Perdida é coma unha tartaruga, dura por fora e blanda por dentro.
Este vai ser un libro que lles vai deixar recordos, e como ben dixo Pedro incluso algunha expresión como "Cachis na tos!!" , xa acotuman a dicilo dun xeito natural.
jueves, 14 de mayo de 2009
MALEKÍN NO NOSO CLUB DE LECTURA
A xuntanza comenzámola lendo unha reseña á lectura que fai o avó de Cristina no libro:
“La lectura es muy importante. Leer nos hace más comprensivos, potencia nuestra imaginación y nos da la posibilidad de vivir otras vidas además de la nuestra.”
Falaron dos personaxes e dos seus pasaxes favoritos.A Carla e Yanira encantáronlle as historias de fadas que lle contaba Alicia a Cristina, como a da fada do Eco ou a historia de Calipso e o mariñeiro.Desta última historia leron unha frase que lles chamou a atención:
“El verdadero amor no es el que te ata, sino el que te deja libre”
A Aitor encantaríalle vivir nunca casa chea de misterios como a do avó de Cristina, e a Samuel encantaríalle saber tanto de fadas como o avó.
A Laura encantoulle o final, cando Cristina e Alicia conseguiron salvar a Malekín mediante o abrazo das tres.
Despois desta sesión todos nos quedamos con gañas de saber máis sobre a vida destes seres máxicos e sorprendentes.
Estas ideas foron algunhas das que centraron o debate que acabou coa idea de que o libro nos gustou en liñas xerais.