lunes, 25 de abril de 2011

HOYOS















Este libro foi ,tal vez , o máis esperado por todo o club de lectura pola propaganda que lle fixo Pablo Bouzada dende principio de curso.Por unanimidade escollérono como o mellor libro de todos os lidos durante este curso. Gustoulles a mezcla de aventura, humor e intriga. O feito de incluir varias historias intercaladas costoulles, a algúns, enlazalas ao principio. Recoñeceron a necesidade desos saltos temporais para poder comprender a novela. A exaltación do valor da amizade foi outro dos puntos sobre os que se falou.



domingo, 27 de marzo de 2011

VENTOS



Nesta ocasión xuntámonos para falar de poesía, en concreto do libro Ventos, de García Teijeiro.
Cada un leu o que máis lle gustou e algúns trouxeron rematado o poema que no libro invitaba a facelo. Incluso houbo os que decidiron facer tamén poemas dedicados ao vento.
A continuación deixámosvos unha pequena mostra.










Como poderedes comprobar temos moi bos poetas e poetisas no noso club.

miércoles, 9 de marzo de 2011

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Durante este mes estivemos lendo poesía de Antonio García Teijeiro, en concreto "Ventos".Seguro que todos xa tendes o voso poema favorito sinalado, non vos olvidedes de traelo para axuntanza.Deixóvos este vídeo para que vaiades coñecendo a este ilustre escritor.

viernes, 11 de febrero de 2011

HUGO TRAS UNA PISTA HELADA



Esta semana tivemos a xuntanza para falar de Tom e do fantasma, Hugo, que descubre no sótano da súa casa. Recurre a Eloína Comino para que lle axude , pero a medida que vai coñecéndoo, fanse amigos e termina axudándolle a recuperar a mansión donde vivía.

Durante a lectura deste libro conseguimos participar das aventuras desta historia e descubrir algúns trucos para desfacernos dos fantasmas. Comentaron que lles pareceu unha historia moi ben plantexada e que lles fixo pasar moi bos ratos.

A historia gustoulles moito e convertíronse en verdadeiros especialistas de fantasmas, especialmente David e Pablo. Ten moitos episodios graciosos e cada un falou do seu capítulo favorito.

Se vos gusta ler, animádevoooooos!

Será unha experiencia fantasmagóricaaaaaaaaa!!

martes, 8 de febrero de 2011

CORNELIA FUNKE



Este mes estamos lendo "Hugo tras una pista helada" da escritora Cornelia Funke.

Cornelia Funke, galardonada con diferentes premios, é unha das escritoras contemporáneas máis importantes de literatura infantil e xuvenil. Nas súas obras atopamos aventura, fantasía, suspense, maxia, dragóns, castelos, fantasmas, ladróns… todo iso narrado con encanto e imaxinación.

Despois de graduarse obtivo un título de educación teórica en Hamburgo. Pero, ela de pequena quería ser astronauta. O seu soño de ver as estrelas terminou cando viu que se precisaba entrenamento militar. Tamén desexou convertirse en piloto.

Posteriormente, traballou tres anos como traballadora social para nenos desfavorecidos. As historias desos nenos inspirárona a escribir e ilustrar algunhas das súas novelas. Quería facer deste mundo un lugar mellor axudando a outros. Despois de terminar un curso de ilustración
traballou como diseñadora de xogos de mesa e ilustradora de contos infantís. Necesitaba escribir, debuxar e diseñar. Antes de trasladarse aos Estados Unidos, Funke traballou para un canal alemán , escribindo guións nun programa. No 2005 trasladouse de Hamburgo a Los Ángeles.

Algúns dos seus libros como Corazón de tinta e El señor de los ladrones foron adaptados ao cine.

"Reckless. Carne de piedra" foi o último libro que acaba de publicar no 2010 en máis de doce idiomas simultáneamente. Este novo mundo de Cornelia Funke lévanos a un universo detrás do espello. Un universo donde os contos da infancia cobran vida.

Se queredes coñecer máis cousas sobre a súa vida e obra podedes clicar na foto.

domingo, 23 de enero de 2011

MAMASIÑA QUE MEDO!






Na última xuntanza falamos deste libro de teatro. Moitos deles foi a primeira vez que lían teatro e encantoulles a experiencia. Pablo e David dicían que cando o estaban lendo entrábanlles unhas gañas impresionantes de representalo.
Falamos da mestura de elementos actuais con outros que non teñen que ver co noso mundo
(como viaxar en vasoira) o que lles resultaba moi divertido.Chincheta estudia novas tecnoloxías, teñen que levar a vasoira a ITV...
Hai unha serie de adiantos técnicos que sorprenden coma a vasoira da
bruxa que ten tren de aterraxe, piloto automático, motor de arranque ou depósito de combustible.
Hai situacións realmente cómicas coma cando aparece o morcego e se asusta a bruxa
del e el da bruxa berrando ao tempo. Ou outras nas que a rapidez coas que cambiamos
de emocións provocando a risa, por exemplo cando a bruxa acaba de asustarse só de ver ao morcego que lle conta o pavoroso que é o seu señor e a continuación dóese del cando lle di que está enfermo.
Analizamos tamén as esaxeracións entendéndoas como recursos humorísticos e poéticos. Di o morcego: «O xigante é descomunal.Faise noite só coa súa sombra».
As imaxes tamén nos fascinaron e descubrimos que nos aportaban información da que non aparecía no texto. David animouse a facer unha ilustración.
Falamos tamén dos nomes dos protagonistas, do que lles gustaba, ata tal punto que a Pablo gustaríalle crear unha nova persoaxe, Chinchilla. Prometeunos que escribirá un novo capítulo con esta persoaxe. Tan pronto o teñamos publicarémolo para que todos poidades disfrutar del.

Animámosvos aos que todavía non lerades esta obra que os apuredes xa que pasaredes un bo rato.

sábado, 11 de diciembre de 2010

O CARTEIRO DE BAGDAD





Este libro deunos moito para pensar e reflexionar. Falamos sobre as miserias das guerras, de como o protagonista non podía ir a escola nin saír a xogar cos seus amigos, da soidade que sinte cando non pode xogar co seu amigo por motivos irracionais para él. A David chamoulle a atención que no medio da guerra os venres se conseguira un momento de silencio na hora do rezo.María non entende as diferenzas que hai según a zona da cidade na que viven, por que na Zona Verde teñen tantos privilexios. Tamén comentamos sobre a importancia do traballo do pai en medio dunha guerra, un carteiro que arrisca a súa vidapara levar a esperanza a outras persoas. Falamos de porque as Bibliotecas son os primeiros edificios que destrúen, como ben lle dicía a nai ao fillo "Porque os libros son coñecemento.Son o camiño cara a liberdade".

Hoxe na biblioteca sentimos a sorte de vivir nun lugar donde se respetan a maioría dos dereitos humanos.

Para os que todavía non vos animáchedes a lelo deixámosvos un pequeno avance: