jueves, 30 de mayo de 2019

GRAFFITI NO CENTRO DE DÍA


Os alumnos e alumnas do Club de lectura foron invitados polo Centro de Día para conmemorar o 10º Aniversario da súa apertura pintando con eles un graffiti  nas súas paredes.
Que satisfacción ver o seu traballo ali rematado!!

jueves, 9 de mayo de 2019

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA (2º CLUB DE LECTURA)

                                 
              
                                      

"Escarlatina é un libro de humor terrorífico, no que o protagonista é un neno, chamado Román, que ten que axudar a revivir a unha nena, Escarlatina, do século XIX. Ambos deben cociñar unha receita que guste a mortos e a vivos…”

Falamos da responsabilidade que implica o ter unha mascota, polos coidados e cariño que precisan ( páx 34)


Démonos conta de que todas as receitas que aparecen no libro,  contén chocolate… saboreamos biscoito de chocolate!!!

A propósito do chocolate, na páx. 113, faise referencia a outro libro :

" Charlie y la fábrica de chocolate”.


O libro traballa valores tales como:

-          a amizade entre Roman e Escarlatina, aínda que esta última cheira mal e o seu aspecto non era agradable.

-          o amor entre Roman e o seu avó.


Observamos que a portada ten unha imaxe que pode asustar.


Emocionáronnos momentos como o encontro e a despedida de Roman co seu avó. Entristeceunos o final, que ESCARLATINA decidira quedar no mundo dos mortos, pero tamén entendemos que fora así porque unha nena de século XIX non se atoparía a gusto no mundo actual e ademáis estaría soiña, sen familia.

Queremos destacar, igual ca  no libro, a importancia de loitar por cumprir os noso soños.

Para a próxima lectura e como remate imos ler: “La canción de Amina”. Aprenderemos un pouco sobre a cultura e costumes de dúas tribus árabes.

miércoles, 1 de mayo de 2019

VISITA AO CENTRO DE DÍA



Outro ano máis visitamos co Club de Lectura o Centro de Día. Representouse a obra "Mamasiña que medo"de Chus Pereiro. Dani interpretou coa trompeta unha canción, coñecida por máis dun dos maiores. Xes cantoulles unha canción popular galega que acompañaron cun baile Andrea e Nahir.

 Foron momentos inolvidables!!!